Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Programa de actividades do Día Internacional das Mulleres


# Mércores, 09/03/2011
A Concellería de Benestar Social e Igualdade presenta un amplo programa de actividades, conferencias e obradoiros para conmemorar o Día Internacional das Mulleres

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello de Lugo, a Deputación e Fademar Lugo organizan a terceira edición da Feira de Artesanía “Artemur” que terá lugar os días 12 e 13 de marzo

Basadre tamén presentou o II Certame de Fotografía “Revelando o Machismo”

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, a Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e a responsable de Fademur Lugo, Verónica Marcos, presentaron esta mañá o programa de actos previstos para a celebración do Día Internacional das Mulleres.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade anunciou que as diversas actividades desenvolveránse nos meses de marzo e abril, e indicou que este ano dan comezo un pouco máis tarde debido a que o Día Internacional da Muller coincidiu coa celebración do entroido. Así, e según sinalou Basadre, o programa de actividades, que dará comezo mañá coa entrega dos premios “Entre Mulleres” ás 12.00 horas no Centro de Convivencia Maruja Mallo, “pretende ser un recoñecemento ás mulleres de sesenta e mais, que sentaron as bases para construir a sociedade que temos hoxe en día grazas a súa importantísima labor e o seu traballo na sociedade”.

O programa de actividades dará comezo mañá coa entrega de premios “Entre Mulleres”, e coa inauguración da exposición “Legados. Xeracións en Tránsito” da fotógrafa Susana Girón. O venres terá lugar, na Casa do Concello, a entrega de premios dos certames narrativos, convocados pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, “Entre iguais” e “Toda unha vida”. Xa o sábado, día 12 de marzo, inauguraráse a Feira de Artesanía ARTEMUR, que conta coa colaboración e participación da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais e a Deputación de Lugo.

Así, Lara Méndez sinalou que a Deputación, a través do Centro de Artesanía e Deseño –CENTRAD-, aportará o espazo onde a vindeira fin de semana se celebrará a Feria de Artesanía “ARTEMUR”. “Trátase dunha carpa que se afincará detrás da Casa Consistorial lucense, na céntrica praza da capital Anxo Fernández Gómez, garantindo deste xeito, a visita de centos de persoas”, sinalou a Vicepresidenta Segunda da Deputación. O organismo provincial levou a este mesmo espazo Artesanfroilán ou a 1º feira oulet de comerciantes da cidade de Lugo logrando en 2 días un volume de negocio de 130.000 euros. A institución provincial levará a ARTUMUR un expositor sobre o In Lugo, o centro de innovación social pioneiro en Galicia posto en marcha na provincia co obxectivo de impulsar produtos e servizos baseados nas novas tecnoloxías que melloren a calidade de vida dos cidadáns. Trátase dunha iniciativa dotada de 1,5 millóns de euros, cofinanciada nun 88,9% polo Ministerio de Industria grazas ó Plan Avanza. Deste xeito explicou Lara Méndez, a Deputación ofertará información sobre as actividades que xa se están a desenvolver no centro de xeito gratuíto para achegar as novas tecnoloxías á poboación. Ademais, tamén celebrará algúns destes cursos na propia carpa. Por exemplo: Coñece as Redes Sociais; Buscadores, como poder ler a prensa, que podo atopar na rede?; Internet e Correo Electrónico; Como empregar o móbil; e Iniciate co ordenador."  

Pola súa banda, Verónica Marcos, responsable de Fademur Lugo, destacou que este é o terceiro ano da Feira de Artesanía Artemur, “unha importante axuda económica para o traballo realizado por mulleres do rural, que moitas veces contan con axudas mínimas e poucos ingresos”. A responsable de Fademur Lugo sinalou que a Feira contará coa participación de expositores chegados dende toda Galicia con productos que van dende licores ata xoiería, alimentación ou pintura.

O programa conta con diversas conferencias e obradoiros divididos en tres categorías: Saúde e xénero, Novas tecnolóxias e xénero e Ocio e xénero, que se desenvolverán dende o martes día 15 de marzo ata o 1 de abril en distintas ubicacións da cidade. Ademáis, durante o mes de marzo levarase a cabo nas ociotecas municipais do programa “Aprende xogando”, un programa de fomento da igualdade. O programa tamén desenvolverá un obradoiro de Defensa Persoal e “Reciclaxe ou como facelo ti”.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, aproveitou para presentar o II Certame de Fotografía “Revelando o Machismo”, incluído dentro das actuacións do “II Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Lugo”, co obxeto de sensibilizar sobre o problema da violencia de xénero. Os traballos presentados, ata un máximo de tres por persoa, deberán ser orixinais e deberán plasmar calquera imaxe relativa á desigualdade entre homes e mulleres, o sexismo, a violencia de xénero, etc… Os traballos deberán enviarse á Casa da Muller ata o día 30 de setembro de 2011. O premio estará dotado cun diploma e 600 euros.

Programa Día Internacional da Muller “E AGORA QUÉ… AGORA NÓS”

Xoves, día 10
• Entrega dos PREMIOS “ENTRE MULLERES”.
Salón de actos do Centro de Convivencia “Maruja Mallo” ás 12.00 horas
• Inauguración da EXPOSICIÓN “LEGADOS. XERACIÓNS EN TRÁNSITO”.
Centro de Convivencia “Maruja Mallo” ás 12.30 horas
• CONFERENCIA da fotógrafa Dª Susana Girón.
Salón de actos do Centro de Convivencia “Maruja Mallo” ás 20.30 horas

Venres, día 11
• Entrega dos PREMIOS do Certame de narrativa xuvenil “ENTRE IGUAIS” e do certame de narrativa para mulleres “TODA UNHA VIDA”.
Salón de plenos do Concello (praza Maior) ás 12.00 horas

Sábado, día 12
• Apertura da FEIRA DE ARTESANÍA “ARTEMUR”.
Carpa situada na praza Anxo Fernández Gómez (detrás do Concello) ás 10.30 horas
• Inauguración oficial de “ARTEMUR” ás 11.00 horas
• ITINERARIO DE MULLERES.
Sairá do parque Rosalía de Castro e rematará na Feira de Artesanía, dirixido por D. Darío Xohán Cabana. Ás 16.30 horas

Domingo, día 13
• Continuación da feira de artesanía “ARTEMUR”. Ás 10.30 horas
• VIII MARCHA POLA IGUALDADE. Percorrerase a Muralla.
Saída diante do Concello na praza Maior ás 11.00 horas

Luns, día 14 e martes, día 15
• Actividades do CENTRO DE INNOVACIÓN SOCIAL “IN LUGO”: “Coñece as redes sociais”, “buscadores”, “Internet e correo electrónico”, “DNI electrónico”, trámites para facer coa e-admisnistración”, “utilizar o móbil”, “iníciate co ordenador”…
Carpa situada detrás do Concello (praza Anxo Fernández Gómez). Das 10.00 ás 14.00 horas, e das 17.00 ás 20.30 horas

Luns, día 14
• EXPERIENCIAS DE VIDA DAS MULLERES XITANAS.
Salón de actos do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra” ás 17.30 horas

Saúde e xénero

Martes, día 15
• CONFERENCIA SOBRE A PREVENCIÓN DE CANCRO COLORRECTAL, en colaboración coa AECC de Lugo impartida pola doutora Dª Isabel Mata Fernández. Patóloga e membro do Comité Técnico da AECC.
Salón de actos do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra” ás 19.30 horas

Mércores, día 16 e xoves, día 17
• Instalarase un colon xigante, cunha exposición interior.
Praza Horta do Seminario

Xoves, día 17
• CONFERENCIA ”REXISTRO GALEGO DE INSTRUCCIÓNS PREVIAS (TESTAMENTO VITAL)”, impartida polo doutor D. Ángel Usero Osset, médico
da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade.
Salón de actos do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra” ás 19.30 horas

Martes, día 22
• MESA REDONDA SOBRE O CANCRO DE MAMA, impartida polo doutor D. Francisco Barón, oncólogo do CHUS, pola doutora Dª Begoña Alonso, oncóloga do HULA, e polo doutor D. Salvador Ramos, médico e director do Balneario de Guitiriz.
Salón de actos do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra” ás 19.30 horas

Martes, día 29
• OBRADOIRO DE AUTOCOIDADO E RELAXACIÓN, impartido por Dª Fátima Bermejo
Centro de Convivencia “Maruja Mallo. Entre as 17.00 e as 19.00 horas. Anotación previa no 010.

Martes, día 5 de abril
• TALLER FISIOTERAPÉUTICO (exercicios de prevención de incontinencia urinaria, menopausa, problemas cardíacos…), impartido por Dª Patricia Pontón, fisioterapeuta.
Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”. Entre as 17 e as 19 horas. Anotación previa no 010.

Novas tecnoloxías e xénero

Mércores, día 16, e mércores, día 23
• NOVAS TECNOLOXÍAS: USO DE INTERNET (petición de citas, mercar, photoshop…).
Aula do Castiñeiro. Entre as 16.00 e as 20.30 horas. Anotación previa no 010

Mércores, día 30
• USO DO TELÉFONO MÓBIL. Sorteo dun teléfono móbil.
Salón de actos do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra” ás 19.30 horas

Ocio e xénero

Xoves, día 24
• OBRADOIRO DE CREACIÓN COLECTIVA PARA MULLERES (E HOMES), impartido por Dª Fátima Bermejo.
Salón de actos do Centro de Convivencia “Maruja Mallo”. Entre as 17.00 e as 19.00 horas. Inscrición previa no 010

Xoves, día 31
• CONFERENCIA: “BENESTAR PSICOLÓXICO E EMOCIONAL”. Impartida por D. Miguel Guerra (profesor da UNED).
Salón de actos do Centro de Convivencia “Maruja Mallo” ás 19.30 horas

Venres, día 1 de abril
• REPRESENTACIÓN TEATRAL da obra “HOMES EN ESCABECHE” por Hipócrita Teatro, en colaboración co Taller de Solidariedade.
Auditorio Municipal “Gustavo Freire” ás 20.30 horas
A recaudación da venda de entradas destinarase ao proxecto solidario: construcción de local e equipamento dun obradoiro para mulleres, en Mandaluyong (Filipinas).
VENTA ENTRADAS: “Arco Iris Musical”, “Taller de Solidariedade” e “A Cova da Terra”. PREZO: 10 €.

Obradoiros de Defensa Persoal e “Reciclaxe ou como facelo ti”

Durante o mes de marzo, nas ociotecas municipais do programa “APRENDE XOGANDO”, levarase a cabo un programa de fomento da igualdade. Durante todo o mes de marzo, levaranse a cabo diversas actividades nos centros de dinamización rural do noso municipio.

OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL: Dende o día 7 maio ata o día 11 de xuño, todos os sábados, entre as 11.00 e as 13.00 horas, no Centro de Convivencia “Maruja Mallo”. Inscrición previa no 010.

OBRADOIRO “RECICLAXE OU COMO FACELO TI”: Dende o día 5 de maio ata o día 26 deste mesmo mes, todos os xoves, entre as 18.30 e as 20.30 horas, no Centro de
Convivencia “Maruja Mallo”. Inscrición previa no 010.

Nos meses de febreiro e marzo,estase levando a cabo, en 17 centros educativos da nosa cidade, o programa“EDUCANDO EN IGUALDADE” (17 obradoiros de formación do profesorado e 34 obradoiros co alumnado).
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova