Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello fomenta a seguridade viaria entre os estudantes co X Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo


# Venres, 11/03/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concellería de Educación, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convocan unha nova edición do Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, xunto co Xefe do PIT, José Reigosa, o Xefe Provincial de Tráfico, Gonzalo León, e o Xefe Territorial de Educación, José Ramos Ledo, presentaron hoxe a décima edición do Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo.

Esta iniciativa municipal está orientada a fomentar unha boa educación viaria entre os estudantes e xente nova, e convídaos a reflexionar a través dun exercicio de creatividade. Nas pasadas edicións deste concurso acadouse un éxito de participación, e ano tras ano aumenta o número de colexios que dende toda Galicia envían e participan cos seus traballos.

A Concelleira explicou que dende o Concello de Lugo se quere concienciar e previr dende a infancia para sensibilizar aos cidadáns sobre as boas prácticas viarias, e sinalou que “neste concurso non hai crise xa que cada ano os traballos presentados son máis e de maior calidade”. En anos anteriores recibíronse unha media de 600-800 traballos de toda Galicia, e de aproximadamente 40 centros escolares.

O Xefe do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, destacou que este ano, ao ser o décimo aniversario do concurso, instalarase unha carpa exterior, no entorno de Frigsa, que contará con espectáculos de maxia e pallasos infantís.

As bases establecen cinco categorías nas que poderán participar todos os estudantes ou xente nova residente en Galicia:

Categoría A: 1º, 2º e 3º de primaria
Categoría B: 4º, 5º e 6º de primaria
Categoría C: 1º, 2º e 3º de secundaria
Categoría D: 4º de secundaria, 1º e 2º de bacharel
Categoría E: Educación Especial

Concederanse tres premios por categoría e os accésit que o xurado, formado por persoas de recoñecido prestixio no mundo das artes plásticas, considere oportuno. Os premios consisten en ordenadores portátiles, bicicletas e cascos, minicadeas musicais ou trofeos, según as categorías. O 14 de maio farase unha exposición dos debuxos premiados, así como dunha selección dos que o xurado considere de maior interese.

O prazo de presentación dos traballos será ata o 15 de abril e pódense enviar ou presentar nas oficinas de Rexistro Xeral do Concello ou na Xefatura Provincial de Tráfico.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova