Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Entrega de premios aos gañadores dos certames narrativos "Toda unha vida" e "Entre Iguais"


# Venres, 11/03/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, xunto con outros membros da Corporación Municipal, entregaron esta mañá os premios aos traballos gañadores dos certames narrativos “Toda unha vida” e “Entre iguais”. Este acto estivo enmarcado nas actividades do programa do Día Internacional das Mulleres.

Os traballos gañadores do certame de narrativa xuvenil “Entre iguais” foron os presentados por María Nerea Capón Lamelas, Gabriel Cardeiro Fernández e Antonio Torres Gómez. O relato gañador do certame “Toda unha vida” foi o traballo presentado por Julia Teijeiro González. Recibiron un accésit os relatos de Marina Cillero Rodríguez, Concepción López Fernández e María Álvarez López. Todos eles recibiron un diploma e o premio correspondente.

O Alcalde de Lugo animou a todos e todas as participantes a seguir escribindo e traballando a creatividade, e a seguir participando nas actividades. Pola súa banda, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, adiantou a todos os premiados, que os seus relatos poderán ser leídos grazas a vindeira publicación dunha revista.

“Entre iguais”, certame de narrativa xuvenil

“Entre iguais” é un certame dirixido a rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos, incluído dentro das actuacións do II Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Lugo. Os traballos presentados debían ser inéditos, escritos en lingua galega, de tema libre, e baseado en calquera aspecto relacionado coa igualdade entre mulleres e homes: o reparto das tarefas do fogar, o coidado das persoas, o acceso ao traballo, etc.

Os seleccionados neste certame foron:

1º PREMIO. Diploma e premio valorado en 250 € para María Nerea Capón Lamelas
2º PREMIO. Diploma e premio valorado en 150 € para Gabriel Cardeiro Fernández
3º PREMIO. Diploma e premio valorado en 100 € para Antonio Torres Gómez

O xurado estivo composto pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, a representante do Foro de Participación Cidadá, Sofía López Linares, a profesora Tatiana Jiménez Lorenzo e a técnica da Casa da Muller, Belén Regueiro Burgo.

“Toda unha vida” certame de narrativa para mulleres

Co gallo da celebración do 8 de marzo “Día Internacional das Mulleres” o Concello de Lugo convocou “Toda unha vida”, certame de narrativa dirixido a mulleres a partir dos 60 anos. Os traballos presentados debían ser inéditos, escritos en lingua galega ou castelá de tema libre. Os traballos debían destacar calquera aspecto baseado na experiencia acumulada ao longo dos anos da vida: os amores, as amizades, os traballos, as diversións...

O traballo gañador neste certame foi o presentado por Julia Teijeiro González. O premio foi dun ordenador portátil. Recibiron un accésit os relatos de Marina Cillero Rodríguez, Concepción López Fernández e María Álvarez López.

O xurado estivo composto pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, o escritor Darío Xoán Cabana, e a técnica da Casa da Muller, Belén Regueiro Burgo.

Máis información: Certames e concursos do Concello de Lugo

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova