Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns chega ao Auditorio Gustavo Freire unha nova edición do Festival de Teatro Grecolatino de España


# Venres, 11/03/2011
Nesta ocasión serán catro as representacións que se dividirán en dúas xornadas

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, participa novamente no circuíto de Festivais de Teatro Grecolatino de España.

Nesta ocasión, xunto a localidades de todas as autonomías españolas, o Concello de Lugo contará con catro actuacións teatrais que se desenvolverán o luns 14 e martes 15 de marzo no Auditorio Gustavo Freire.

As obras están destinadas a rapaces de Educación Secundaria, concretamente das especialidades de grego e latín e os grupos que actúan están conformados por alumnos de centros de ensino e afeccionados.


Luns 14 de marzo

12.00 horas - Edipo Rey, Sófocles (Grupo “S.V. Producciones” de Madrid)
17.00 horas - Cestita, Plauto (Grupo “S.V. Producciones” de Madrid)

Martes 15 de marzo

12.00 horas - Medea, Eurípides (Grupo “Párrocha” de A Coruña)
17.00 horas – Miles Gloriosus, Plauto (Grupo “Párrocha” de A Coruña)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova