A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, participa novamente no circuíto de Festivais de Teatro Grecolatino de España.
Nesta ocasión, xunto a localidades de todas as autonomías españolas, o Concello de Lugo contará con catro actuacións teatrais que se desenvolverán o luns 14 e martes 15 de marzo no Auditorio Gustavo Freire.
As obras están destinadas a rapaces de Educación Secundaria, concretamente das especialidades de grego e latín e os grupos que actúan están conformados por alumnos de centros de ensino e afeccionados.
Luns 14 de marzo
12.00 horas - Edipo Rey, Sófocles (Grupo “S.V. Producciones” de Madrid)
17.00 horas - Cestita, Plauto (Grupo “S.V. Producciones” de Madrid)
Martes 15 de marzo
12.00 horas - Medea, Eurípides (Grupo “Párrocha” de A Coruña)
17.00 horas – Miles Gloriosus, Plauto (Grupo “Párrocha” de A Coruña)