Imprimir

UN GRUPO DE ALUMNOS DO COLEXIO DE A MILAGROSA VISITAN O CONCELLO


14/3/2011 Vintecinco nenas e nenos, acompañados por unha profesora, foron recibidos esta mañá no Salón de Plenos do Concello polo Alcalde, José López Orozco

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá, no Salón de Plenos do Concello de Lugo, a un grupo de vintecinco nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lucense de A Milagrosa, e que viñan acompañados por unha das súas profesoras.

Os pequenos e pequenas amosaron moita curiosidade polo funcionamento do Concello e pola labor desempeñada polo Goberno Municipal. López Orozco explicoulles o seu traballo como Alcalde e atendeu a todas as preguntas que lle fixeron os rapaces, onde destacou que “non hai nada máis importante que os nenos, futuros cidadáns, e as persoas maiores, que xa traballaron moito pola cidade”.

As alumnas e alumnos do Colexio de A Milagrosa recibiron unha publicación do xornal El Progreso, en colaboración coa marca Lugo10, que recolle unha recompilación dos debuxos e relatos gañadores escritos polos rapaces e rapazas que participaron nas dez edicións do certame Premios Muralla de Lugo, que xira en torno a Muralla Romana.