Imprimir

O OBRADOIRO "DESCUBRINDO GALICIA" VISITA O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA MURALLA DE LUGO


15/3/2011 A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitou esta mañá, xunto cun grupo de 12 persoas do Obradoiro “Descubrindo Galicia”, o Centro de Interpretación da Muralla de Lugo

Dentro da programación de actividades de Animación Sociocultural para o período 2010-2011 organizadas polo Concello de Lugo, dende a área de Benestar Social e Igualdade do Centro de Convivencia Fingoi, encádrase o Obradoiro “Descubrindo Galicia”.

Como actividades complementarias véñense desenvolvendo varias saídas fóra do Centro ao longo do primeiro semestre deste ano 2011 a diversos lugares de interese histórico e cultural da nosa cidade e arredores.

Hoxe, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, acompañou a un grupo de 12 persoas que visitaron o Centro de Interpretación da Muralla de Lugo xunto coa monitora da actividade “Descubrindo Galicia”, Alma Vanesa Ferreirós Prado.

Con estas visitas preténdese, entre outros obxectivos, ademais de ampliar coñecementos sobre os contidos tratados no obradoiro, fomentar a convivencia entre os asistentes, aprender a valorar o noso patrimonio cultural, favorecer a relación e a comunicación intergrupal e potenciar a participación na actividade facéndoa máis atractiva.


Rede de Museos Municipais