Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Publicada a lista de aprobados no primeiro exame do programa Lugo Emprega que lle permitirá ó Concello contratar 62 traballadores


# Martes, 15/03/2011
118 aspirantes superaron a primeira proba do plan de emprego financiado pola Deputación

O Concello de Lugo fixo pública hoxe a lista de aprobados no primeiro exame do proceso de selección correspondente ó Plan Lugo Emprega que financia a Deputación provincial. O Plan Lugo Emprega permitiralle ó Concello de Lugo contratar 62 traballadores durante seis meses. A Deputación financia estas contratacións cunha achega económica de 800.000 euros

A proba foi superada por 118 dun total de máis de 2.000 aspirantes. Os aprobados son 68 para as prazas de peóns, 15 para as de auxiliares administrativos, 12 na categoría de técnicos medios, 8 na de dinamizadores, 5 especialistas en informática e 3 delineantes.

Os aprobados na primeira proba deberán pasar agora unha entrevista que terán lugar a partir do vindeiro xoves, día 17.

A lista de aprobados no primeiro exame pódese consultar nos taboleiros de anuncios e nas webs do Concello de Lugo e da Deputación provincial.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova