Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello quere atraer empresas para o polígono das Gándaras cunha bonificación do 50% no imposto de obras


# Martes, 15/03/2011
O Alcalde explicou que se trata dunha medida extraordinaria para lograr que a posta en servizo do novo polígono contribúa a xenerar emprego na cidade

Imaxe Asociada
Con esta rebaixa o Concello pasaría a cobrar durante dous anos o 1,5% do presuposto dos proxectos de obras no polígono das Gándaras

O Goberno local plantexará esta medida no próximo pleno do Concello


O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, explicaron hoxe a iniciativa do Goberno local para captar empresas que se instalen no polígono das Gándaras.

A proposta supón unha redución do 50% do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras que cobra o Concello que na actualidade é do 3% do presuposto do proxecto e rebaixaríase ó 1,5% para as empresas que se instalen nas Gándaras desde o 1 de xaneiro de 2011 ata finais de 2012.

O Alcalde explicou que se trata dun novo esforzo do Concello, que se plantexará no vindeiro Pleno municipal.

Para o Alcalde, esta iniciativa “representa unha firme vontade política” de ”axudar a dar solución ó grave problema do paro” e trátase dunha medida “extraordinaria porque se acaba de poñer en servizo o polígono e nós queremos que se encha o máis pronto posible”. Tamén considerou que é unha medida “oportuna e necesaria que pode axudar a posicionar o polígono das Gándaras” do que lembrou que “é o quinto polígono máis caro de Galicia, pero é un polígono atractivo e queremos contribuír a que o sexa máis”.
.
“O Concello renuncia á metade dos ingresos pola licencia de obras a cambio de xenerar riqueza e traballo en Lugo, os ingresos que imos deixar de recadar por ese concepto redundarán en que mellore a economía e o consumo na cidade e o Concello tamén se beneficiará xa que, se hai máis empresas e traballadores, haberá máis actividade económica no conxunto da cidade”, dixo López Orozco.

O Alcalde considera que “o problema máis importante que temos é o paro, esto levounos desde hai tempo a colaborar nas políticas de emprego e tamén a pedir da Xunta que se fixera unha redución no prezo das parcelas do polígono das Gándaras, porque de pouco vale ter un polígono de cinco estelas se non vai ninguén a el e neste momento hai que animar ás empresas a que se instalen nel”.



Promoción do polígono

Ademais desta iniciativa, López Orozco propuxo que a Xunta dea a coñecer o polígono das Gándaras cunha campaña que inclúa a súa presentación en feiras nacionais e internacionais. Neste sentido, a Concelleira de Economía e Emprego manifestou que “é importante que se faga un plan de promoción do parque empresarial que inclúa os incentivos da Xunta e do Concello”.

Méndez ofreceu a colaboración do Concello porque “sumando esforzos seguro que conseguimos enchelo” e lembrou que “outros parques teñen prezos do solo inferiores”.

Ademais, a Concelleira de Economía e Emprego sinalou que o Concello pon a disposición das empresas o equipo técnico e as instalacións do CEI-NODUS para a formación dos seus traballadores.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova