Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Veciños de Lugo participan no programa Km0


# Martes, 15/03/2011
48 lucenses viaxaron hoxe ó sur da provincia no programa da Deputación

Imaxe Asociada
Case medio cento de veciños de Lugo participaron hoxe no programa Km0 da Deputación provincial. Viaxaron ó sur da provincia despois de ser recibidos no salón de actos do Pazo de San Marcos polo Deputado da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz Valiño.

A programación arrancou este martes cunha viaxe ó sur da provincia, que fixeron 48 demandantes individuais, todos eles lucenses, e outra a Navia de Suarna, realizada por 48 veciños do Concello de Portomarín. No caso dos veciños de Lugo, desprazáronse ó Mazo de Santa Comba e, xa en Monforte, comeron no restaurante “Ribeira Sacra”. Seguidamente, visitaron os Muíños de Antero e as adegas medievais de Vilachá, en A Pobra do Brollón, e fixeron un tramo dunha ruta de sendeirismo. Os veciños de Portomarín coñeceron o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) e, tras comer no restaurante “Xegunde” de Navia, achegáronse á Torre Fortaleza de Altamira, deron un paseo pola beira do río Navia, podendo ver o Ponte Ojival, e visitaron unha fábrica de embutidos.

Mañá mércores haberá dúas rutas: “O Bispo Santo” e “Olería de Bonxe”, solicitadas pola “Asociación Terras de Friolfe” do Páramo e o colexio “Frei Luis de Granada” de Sarria, respectivamente. No primeiro caso, 55 integrantes do colectivo do Páramo desprazaranse ó CENTRAD e farán unha visita á basílica de San Martiño de Mondoñedo, á capela e á área recreativa de Bispo Santo, e á fábrica de conxelados “Pescados Rubén”, todos estes lugares en Foz. Pola súa banda, os rapaces sarrianos, despois de coñecer o Centro de Interpretación da Muralla, irán a Penas de Rodas, en Outeiro de Rei, e visitarán a olería de Bonxe, a Lagoa de Caque, o Museo Arqueolóxico de San Roque e o casco histórico. A comida celebrarase en Reboreda de Abaixo.

O programa conclúe o xoves con dous percorridos polo Concello de Ribadeo. Un deles farano 48 membros da “Asociación de Usuarios Santa Mariña de Antas de Ulla” e comezará cunha visita á olería de Bonxe, trala que haberá unha comida no restaurante ribadense “As Catedrais”. Seguidamente, terá lugar un visita ás praias de As Catedrais e Os Castros, ás cetáreas de Rinlo e ó aeródromo de Vilaframil. O outro percorrido foi elixido polo colectivo “Amigos de Outeiro de Rei”. 55 dos seus integrantes achegaranse á Burneiros e A Fervenza e, xa en Ribadeo, comerán no restaurante “El Marinero”, darán un paseo en lancha pola ría e coñecerán o convento das Clarisas e o casco histórico.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova