Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Auditorio Municipal acolle mañá a representación "O día do pai"


# Mércores, 16/03/2011
A obra forma parte do programa de Teatro Galego, que se desenvolverá no Auditorio Gustavo Freire durante os xoves 17, 24 e 31 de marzo ás 20.30 horas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

As entradas poden adquirise no Auditorio unha hora ante do comezo da función

Mañá, xoves día 17 de marzo, o Auditorio Gustavo Freire acollerá a primeira das tres obras teatrais que compoñen o programa de Teatro Galego, que se desenvolverá no Auditorio Gustavo Freire durante os xoves 17, 24 e 31 de marzo.

A obra “O día do pai”, a cargo da compañía Malasombra, é unha delirante comedia que o seu autor denomina de wester clínico… Tres homes loitando por unha selección natural nunha clínica de reprodución asistida. Por que os homes queren ser pais?

Autor: Gabriel Olivares e Ana Graciani
Dirección: Marcos Orsi
Elenco artístico: Pablo Alvarado, Alberto Rolán, Jouse García e Xoque Carbajal

As entradas poden adquirirse no Auditorio Municipal os días das funcións unha hora antes do comezo do espectáculo. O importe das entradas será de 7€, prezo único.
Todas as funcións darán comezo ás 20.30 horas.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova