Imprimir

O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLE MAÑÁ A REPRESENTACIÓN "O DÍA DO PAI"


16/3/2011 A obra forma parte do programa de Teatro Galego, que se desenvolverá no Auditorio Gustavo Freire durante os xoves 17, 24 e 31 de marzo ás 20.30 horas

As entradas poden adquirise no Auditorio unha hora ante do comezo da función

Mañá, xoves día 17 de marzo, o Auditorio Gustavo Freire acollerá a primeira das tres obras teatrais que compoñen o programa de Teatro Galego, que se desenvolverá no Auditorio Gustavo Freire durante os xoves 17, 24 e 31 de marzo.

A obra “O día do pai”, a cargo da compañía Malasombra, é unha delirante comedia que o seu autor denomina de wester clínico… Tres homes loitando por unha selección natural nunha clínica de reprodución asistida. Por que os homes queren ser pais?

Autor: Gabriel Olivares e Ana Graciani
Dirección: Marcos Orsi
Elenco artístico: Pablo Alvarado, Alberto Rolán, Jouse García e Xoque Carbajal

As entradas poden adquirirse no Auditorio Municipal os días das funcións unha hora antes do comezo do espectáculo. O importe das entradas será de 7€, prezo único.
Todas as funcións darán comezo ás 20.30 horas.