Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta a nova publicación "Rapazas"


# Mércores, 16/03/2011
A Concellería de Benestar Social e Igualdade pon en marcha unha nova revista dirixida a adolescentes que informa sobre a violencia de xénero

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, a formadora e asesora do proxecto “O amor e a sexualidade na educación”, Gloria Serrato, e a pedagoga da Casa da Muller, Belén Regueiro, presentaron esta mañá unha nova publicación, en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero, dirixida a adolescentes.

A revista “Rapazas” é unha iniciativa incluída dentro do II Plan de Oportunidades entre Homes e Mulleres que se desenvolve dende o Concello de Lugo. A Concelleira de Benestar Social e Igualdade destacou que dende o Concello considérase fundamental o traballo realizado dende a base educativa, e salientou que a educación en igualdade “é a ferramenta máis importante para a loita contra a violencia de xénero”.

A revista “Rapazas” ten contidos que van dende a explicación do que é a violencia de xénero, pasando pola violencia no noivado, o maltrato físico, o maltrato psicolóxico así como un consultorio, ou un listado de películas e libros sobre a violencia de xénero, entre outras seccións.

A pedagoga Belén Regueiro destacou o carácter preventivo da publicación, e explicou que a revista pretende axudar as rapazas, e tamén aos rapaces, a identificar e recoñecer o maltrato. Pola súa banda, a formadora Gloria Serrato sinalou que a escola é o ámbito ideal para unha toma de conciencia, e destacou a boa acollida, tanto por parte do alumnado como do profesorado, das distintas accións que se están levando a cabo dende o Concello en materia de igualdade e prevención de violencia de xénero.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, tamén deu conta dos datos do pasado ano 2010 en materia de violencia de xénero. Así, salientou que nos pisos de acollida do Concello, houbo 11 mulleres e 6 menores, cunha porcentaxe de ocupación do 20,80 por cento. As idades das mulleres, 4 delas con fillos, foi de 5 mulleres menores de 30 anos, 3 entre 31 e 45 anos, e 3 de máis de 46 anos. O estado civil das mulleres foi de 4 solteiras, 4 casadas e 3 divorciadas. Polo que respecta a nacionalidade, destacar que a maioría de mulleres, un total de 8, foron de nacionalidade estranxeira. Tres das mulleres acollidas viñan da provincia, mentres que 8 delas eran da cidade de Lugo. Nove destas mulleres presentaron inicialmente denuncia, e posteriormente retiráronse dúas delas. As medidas xudiciais aplicadas, explicou Basadre, foron de 6 ordenes de protección, 3 de sentencias condenatorias e 2 que aínda non teñen medida. A Concelleira tamén destacou que 9 destas mulleres romperon a convivencia co maltratador, mentres que dúas delas aínda continúan a relación.

Polo que respecta a Casa da Muller, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, destacou que durante o pasado ano atendéronse 940 consultas de mulleres; 394 delas acudiron a traballadora social, 195 ao psicólogo e 351 á avogada. A maioría das mulleres que acudiron a solicitar información, 687, tiñan entre 26 e 45 anos, e a maior parte residían no municipio de Lugo, 837, fronte as 103 doutros municipios. De todas as mulleres que sufriron violencia, 759, tan só presentaron denuncia 277.

Descargar núm. 1 - marzo 2011 - exemplar gratuíto (arquivo PDF 5.7 MB)

Casa da Muller: www.lugo.es/ws/casadamuller


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova