Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e o Club Fluvial poñen en funcionamento unha Escola de Montañismo


# Mércores, 16/03/2011
A Concellería de Deportes e o Club Fluvial de Lugo poñerán en funcionamento, a partir do mes de abril, unha Escola de Montañismo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente do Club Fluvial, Eduardo Nuñez Torrón, e o guía de alta montaña Gonzalo Dell Agnola, presentaron esta mañá unha nova actividade deportiva para a cidade, unha Escola de Montañismo.

O Concelleiro de Deportes explicou que a iniciativa partiu dende o Club Fluvial, e contou co apoio do Concello de Lugo. O obxectivo desta Escola de Montañismo é o de achegar o ambiente de montaña mediante a práctica do deporte e desenvolver o respeto polos ambientes naturais.

O curso básico de montaña, impartido polo guía de alta montaña Gonzalo Dell Agnola, dará comezo o vindeiro martes 5 de abril, e terá unha duración de 6 meses. As materias están divididas en seis módulos dun mes de duración cada un deles, e impartiranse durante os meses de abril, maio, xuño, outubro, novembro e decembro.

Módulo 1 “Introdución Primeiros Pasos”
Módulo 2 “Supervivencia, orientación e navegación”
Módulo 3 “Xeografía. Medio Ambiente e ecoloxía”
Módulo 4 “Fundamentos de escalada en roca”
Módulo 5 “Loxística e Planificación de trekking e expedicións”
Módulo 6 “Montañismo Invernal”

O Presidente do Club Fluvial, Eduardo Nuñez Torrón, agradeceu ao Concello a súa colaboración nesta iniciativa, e destacou, xunto co Concelleiro de Deportes, a gran acollida desta nova escola. Segundo explicaron, hai uns días se colgaron algúns carteis da actividade, e xa conta cun gran número de inscritos, dous grupos de 45 persoas, superando as primeiras expectativas. O Concelleiro de Deportes sinalou que aínda se está a tempo de inscribirse nesta actividade no Club Fluvial de Lugo.

www.clubfluviallugo.com

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova