Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde visitou a carpa informativa sobre o cancro de colon


# Mércores, 16/03/2011
A carpa instalada polo Concello e a Asociación de Loita contra o Cancro estará instalada hoxe e mañá na praza do Seminario

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto coa Presidenta da Asociación contra o Cancro, Concepción de Martín, visitou esta mañá a carpa informativa sobre o cancro de colon que instalaron o Concello e a Asociación contra o Cancro.

A carpa está situada na praza do Seminario e pódese visitar hoxe e mañá. Nela facilítanse folletos informativos e pódense ver varios paneis con datos sobre unha doenza considerada o tipo de cancro máis frecuente e que se pode curar no 90% dos casos, segundo a Alianza para a prevención do cancro de colon.

O Alcalde, que estivo acompañado polas Concelleiras de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e de Benestar Social, xunto con outros membros da Corporación, escoitou as explicacións sobre qué é cancro de colon, cales son os grupos de risco, os tratamentos para facerlle fronte e os modos de previr esta doenza.

Os expertos aconsellan moderar o consumo de carne vermella, evitar o sobrepeso e tamén o consumo de tabaco e alcol. Pola contra, recomendan unha dieta baixa en graxas, rica en leite e facer exercicio físico moderado.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova