Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O xurado selecciona os traballos gañadores da XIII Edición do Certame de Narración Curta "Ánxel Fole"


# Mércores, 16/03/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

As obras gañadoras foron “Recandos” de Chelo Suárez e “O pensamento inerte” de Martiño Maseda na categoría de galego e “Ningún ojo humano” de José Manuel Moreno e “La vida rota de Lulú Jiméndez” de Miguel Sánchez Robles en castelán

A XIII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole” xa ten gañadores. Hoxe, un xurado, composto polos escritores Isidro López Novo e Xosé Otero Canto e o editor Henrique Alvarellos, decidiron outorgar o primeiro premio do certame en galego á obra “Recandos”, presentada por Chelo Suárez Muíños, de A Coruña. O xurado destacou deste traballo a gran beleza da linguaxe poética así como a fondura nas descricións das lembranzas. O segundo posto nesta categoría foi para a obra “O pensamento inerte” de Martiño Maseda Lozano de Vilalba (Lugo). Neste caso o xurado sinalou unha acertada tensión narrativa e destacou o sentimento como motor da trama.

En castelán, o traballo gañador foi “Ningún ojo humano” de José Manuel Moreno Pérez, de Madrid. Desta obra o xurado valorou o dominio da linguaxe experimental e a gran tensión narrativa, que mantén o clímax da obra; do mesmo xeito, sinalaron unha gran construción da personaxe, que en ocasións se achega ata o esperpento. O segundo posto recaeu na obra “La vida rota de Lulú Jiménez”, de Miguel Sánchez Robles, de Murcia. Deste traballo o xurado destacou a súa riqueza léxica e metafórica así como un acertado retrato da personaxe principal, enmarcada nun contexto de literatura de posguerra.

En total presentáronse 52 obras; 20 en galego e 32 en castelán. O xurado quixo destacar especialmente a gran calidade dos traballos presentados na categoría de galego. En cada unha das categoría, castelán e galego, o primer premio é de 1.000 euros e o segundo de 500 euros.

Certames e Concursos que organiza o Concello de Lugo

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova