Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá abre o período de reserva de praza para as Escolas Infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz


# Xoves, 17/03/2011


As escolas infantís municipais de Serra de Outes e Gregorio Sanz abrirán mañá o prazo para realizar a solicitude de matrícula para as novas incorporacións. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días, contados a partir de mañá, segundo publica a edición de hoxe do BOP.

Na escola de Serra de Outes ofértanse 61 prazas, 37 delas de novo acceso, 21 prazas reservadas para nenas e nenos xa matriculados no presente curso 2010/2011, e 3 prazas para emerxencia social.

En canto á escola Gregorio Sanz, ofértanse un total de 61 prazas, 23 de novo acceso,
35 prazas reservadas para alumnas e alumnos xa matriculados, e 3 prazas quedan reservadas para emerxencia social.

Para solicitar praza por primeira vez será necesario cumprimentar os impresos e acompañalos da documentación solicitada para entregar no Rexistro do Concello. Os impresos poden descargarse na páxina web do Concello, na Concellería de Educación.

Poderán informarse deste proceso nas propias escolas infantís, no portal web do Concello www.lugo.es ou chamando ao número de atención ao cidadán 010.

A documentación para a solicitude de prazas nas escolas infantís pódea atopar no apartado “Tramita na túa casa




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova