Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde presenta, nunha reunión con veciños, o proxecto da nova Biblioteca que constrúe o Concello na Piringalla


# Xoves, 17/03/2011
A obra supón un investimento de 1.100.000 euros e estará acabada en setembro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Esta dotación súmase á construción dunha gardería e do centro cívico María Balteira para dar servizo ó barrio da Piringalla

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polos Concelleiros de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e de Infraestruturas, José Piñeiro, reuniuse esta mañá con veciños da Piringalla para presentarlles o proxecto que se está executando no barrio para dotalo cunha Biblioteca pública. Trala reunión cos veciños, o Alcalde e os Concelleiros efectuaron unha visita ás obras que estarán rematadas no mes de setembro.

O Alcalde díxolles ós veciños que á nova Biblioteca “quere ser unha referencia para o Norte da cidade e poderá atender a 20.000 ciudadanos”. O investimento na construción da Biblioteca da Piringalla é de 1.047.883 euros máis unha mellora de 177.156 euros que ofreceu a empresa adxudicataria da obra.

López Orozco salientou que esta obra supón “o cumprimento dun compromiso con este barrio que se completa con outras importantes actuacións como a nova Escola infantil, que entrará en servizo nunhas semanas, e a propia construción deste Centro Cívico e Casa das Linguas María Balteira”, lugar no que se celebrou o acto.

A nova Biblioteca estase a construír a carón da nova Escola infantil, que supuxo un investimento de 600.000 euros e disporá de 59 prazas. “Cando eu cheguei á Alcaldía só había unha Escola infantil municipal e hoxe temos catro, para 120 nenos”, dixo López Orozco, quen asegurou que “as promesas son para cumprilas” e sinalou que “o mantemento das novas instalacións é posible grazas a unha boa administración do diñeiro público”.

Logo da intervención do Alcalde, os veciños asistiron ás explicacións sobre o proxecto que lles deu o arquitecto Jorge Gómez, de GAU, o estudo de arquitectura e urbanismo que deseñou o edificio.

O edificio da nova Biblioteca terá unha superficie construída total de 1.300 metros cadrados, divididos do seguinte xeito: a planta soto terá 335 metros cadrados nos que se ubicará o depósito de libros e outras instalacións; a planta baixa ocupará 396 metros cadrados adicados a biblioteca infantil e usos múltiples; a planta primeira, de 228 metros cadrados, será destinada a hemeroteca; planta segunda, que medirá 228 metros cadrados e disporá de sala de lectura para adultos e, por último, baixocuberta, de 114 metros cadrados, adicada a servizos de xestión.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova