Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora cunha nova iniciativa deportiva


# Xoves, 17/03/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O curso de freeride en bici será impartido polo Clube Ciclista Mabikers e a Autoescola Europa a partir do mes de abril.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, asistiu esta tarde á presentación dun curso de freeride en bici, organizado pola Autoescola Europa e o Clube Ciclista Mabikers Lugo, que tivo lugar no lateral da Casa do Concello.

Os promotores da iniciativa instalaron un stand informativo sobre a actividade e alí, tres dos representantes do Clube Ciclista Mabikers, Roi García Güezmes, Fernando Teijeiro Fouce e Manuel Armiño Varela, explicaron en que consiste exactamente o freeride, que definiron como “andar en bici de montaña disfrutando dos obstáculos, sorteándoos ou saltándoos, evitando calquera tipo de lesións”.

As inscricións poden facerse nas tendas de bicicletas da cidade así como na Autoescola Europa. O curso ten previsto celebrar a súa primeira xornada a comezos do mes de abril. O prezo é de 28€, e inclúe o seguro médico e de responsabilidade civil, clases teóricas en aulas preparadas con audiovisuais, mecánica de mantemento, posición na bici, videocorrección, traslado ao monte e vehículo de asistencia.

Para participar na xornada será necesario dispor dunha bici de montaña con rodas de 26 ou 24 pulgadas, e levar casco e luvas de protección.

O Freeride

O Freeride en bicicleta de montaña é similar ao “fora de pista” do ski, pero circulando por bosques, superando todo tipo de obstáculos naturais. En esencia o Freeride, palabra inglesa que significa “free” “libre”, e “ride” “rodar”, achega aos participantes unha nova forma de estar en contacto coa natureza, practicando deporte e gozar das sensacións que un sente cando literalmente pode “voar” coa bicicleta.

O Freeride preséntase como a opción ideal para a aprendizaxe do control da bicicleta para xente de todas as idades, de forma práctica e divertida, minimizando os posibles riscos cun bo asesoramento técnico e as proteccións axeitadas.

Obxectivos do curso

O curso de Freeride pretende dar a coñecer a modalidade de bici de montaña a grupos de rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos, así como achegar técnicas para mellorar a estabilidade e o control en calquera situación co fin de superar obstáculos moderados, nun ámbito de natureza. Ademais de incluír no temario técnicas básicas de mecánica de mantemento, sensibilización coa natureza e coas leis de Seguridade Vial, impartidas por membros do clube ciclista Madbikers e persoal cualificado dun centro de formación vial como é Autoescuela Europa.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova