Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Delegada de Urbanismo participa nunha xornada informativa na Asociación da Prensa de Lugo


# Venres, 18/03/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Delegada de Urbanismo, María Novo, participou hoxe, xunto co Xefe de Servizo de Urbanismo do Concello de Lugo, José María González Rodríguez, nunha xornada informativa organizada pola Asociación da Prensa de Lugo, co obxectivo de aclarar termos e resolver dúbidas coas que se atopan os xornalistas á hora de redactar informacións neste campo.

O programa abordou a lexislación, os trámites urbanísticos, a planificación, a concesión de licenzas e vocabulario técnico.

A xornada deu comezo ás 9.30 horas coa intervención da Delegada de Urbanismo, que comezou aclarando o concepto de licenza así como os tipos existentes e o seu procedemento de outorgamento e prazos. Tamén abordou as órdenes de execucións e a declaración de ruína así como os tipos existentes. A intervención de María Novo rematou coa explicación de conceptos de protección da legalidade urbanística así como infraccións e sancións.

A segunda intervención da xornada correu a cargo do Xefe de Servizo de Urbanismo do Concello, José María González Rodríguez, que abordou o urbanismo e planeamento, concretando tipos de plans, procedementos de aprobación, modificación e revisión do planeamento, clases de solo e lexislación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova