Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O servizo de información 010 do Concello atendeu 380.035 consultas durante os seus 6 anos de funcionamento


# Luns, 21/03/2011
O Alcalde e a Concelleira de Servizos Xerais achegáronse ata as oficinas do 010 no Seminario para celebrar o sexto aniversario e facer balance do servizo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentaron hoxe, no Seminario, o balance dos seis anos de funcionamento do servizo de información 010 do Concello de Lugo.

Na súa visita ao Seminario, o Alcalde atendeu a chamada dunha cidadá que se viu sorprendida ao responderlle o Alcalde, que se interesou pola utilización do servizo e as solucións ofrecidas. O Alcalde, xunto coa Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e as catro traballadoras do servizo de información 010, apagaron as velas dunha tarta que simbolizaba os seis anos de funcionamento deste servizo, que atendeu na súa andadura un total de 380.035 consultas.

O Alcalde destacou a gran funcionalidade deste servizo, cuxa utilización aumenta ano tras ano, e sinalou que no 2009 atendéronse máis de 74.000 consultas, no 2010 máis de 76.700, atendendo unha media de 410 chamadas diarias. José López Orozco salientou que o Concello quíxose sumar ao aforro polos difíciles momentos que estamos a vivir, implantando unha nova canle para recibir esta mesma información, fomentando o emprego do correo electrónico, xa que é un servizo gratuíto, tendo moi boa aceptación por parte dos antigos usuarios, contando na actualidade con 2870 persoas inscritas, o que supuxo unha importante redución nos custes deste servizo.

O servizo de información 010 do Concello de Lugo comezou a súa andadura o 17 de marzo de 2005. Trátase dun servizo de atención telefónica que achega a administración aos cidadáns. Presta servizo de luns a venres de 08.30 a 20.30 horas e os sábados de 09.00 a 14.00 horas, e conta cunha plantilla de 4 teleoperadoras.

Chamadas ao Servizo de Información 010

Gráfico que representa o aumento de chamadas do 010

Os datos do gráfico mostran como ano a ano as chamadas recibidas a través do Servizo de Información 010 increméntanse. Se comparamos o seu inicio cos anos seguintes observase claramente un gran aumento do volume de chamadas que ano tras ano vaise consolidando e en aumento. Así a totalidade de chamadas dende que comezamos son 380.035.

Cabe destacar que o tramo horario cun maior volume de chamadas é o comprendido entre ás 10:00 da mañá e a 13:30 do mediodía, supoñendo un 75% do volume de chamadas diarias.

Dito Servizo contesta diariamente unhas 410 chamadas aproximadamente. Os meses de maior afluencia de chamadas son o mes Xuño con motivo da celebración do Arde Lucus, o mes de Outubro co San Froilán chegando as 620 chamadas. Cabe destacar que dito servizo e moi utilizado polos lucenses ante procesos selectivos, catástrofes naturais tales coma a inundación que sufriu a cidade na festividade do Arde Lucus.

As chamadas máis frecuentes son:

- Información sobre trámites para realizar no Concello tales como: Documentación necesaria para empadroarse, alta da auga, realizar cambios de domiciliación bancaria nos recibos municipais, solicitar a tarxeta do bus, información sobre cando se vai implantar a tarxeta cidadá, solicitar a tarxeta de minusválidos, solicitar a tarxeta residente zona ORA, información sobre as liñas de bus, información sobre procesos selectivos, información sobre garderías municipais (prazos, documentación, listados, etc…).
- Información fora do ámbito municipal como: Programación Cultural NovaCaixaGalicia,
Información sobre entidades privadas (Programación Pazo de Feiras e Congresos, Club Fluvial...).

En definitiva, unha ampla gama de chamadas de diversa índole.

Tipoloxía de chamadas xestionadas polo 010

Gráfico que representa o aumento de chamadas do 010

Do volume de chamadas recibidas destacan as seguintes:

Avisos: Tales como atascos na rede de sumidoiros, avarías no subministro da auga, limpeza das rúas e parques públicos, en definitiva calquera incidencia no funcionamento dun servizo público.

Información Municipal: Tales como alta e a baixa no subministro da auga, empadroamento, emprego público, tarxeta sistema ora, tarxeta cidadá, tarxeta transporte urbano,en definitiva calquera información ou trámite relativo co Concello.

Información Extramunicipal: Tales como actividades realizadas por entidades colaboradoras do Concello (Programación de Caixanova, obras de teatro, números de teléfono etc).

Xestión de Trámites: Inscricións nas distintas actividades organizadas polas diferentes áreas municipais (curso de escolta, obradoiros para o Arde Lucus, Sábados + porti , lectura de contador do subministro da auga.

Correos electrónicos

No seguinte gráfico podemos observar como os correos electrónicos seguen a mesma tónica xeral do servizo e a súa tendencia é á alza:

Gráfico que representa o aumento de chamadas do 010

Observase que dende que comenzadamos a nosa andadura os correos electrónicos van en aumento ano tras ano.

Evolución do Servizo:

Levouse a cabo a implantación dun novo servizo contestador fora do horario habitual do 010, que obtivo boa aceptación por parte da cidadanía. Dito contestador conta con tres opcións: A primeira deriva as chamadas á Policía Local, a segunda transfire a chamada o Servizo de Emerxencias, e a terceira da cabida a suxestións, avisos, preguntas sobre información municipal que os cidadáns deixan a través dun contestador automático no que expoñen a súa consulta e aportan os seus datos de contacto para que o Servizo resolva a súas dúbidas no seu horario habitual.

Dende que se implantou dito servizo, os cidadáns recibiron resposta ás 90 mensaxes (aproximadamente) que foron deixadas en dito buzón por parte do persoal do Servizo de Información 010. Así mesmo, merece unha mención especial o Servizo de Mensaxería que ben realizando o Concello dende fai cinco anos ofrecendo información municipal a través de mensaxes de texto nos teléfonos móbiles dos cidadáns; na actualidade conta con 1850 persoas inscritas.

www.lugo.es/ws/010
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova