Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

As Primeiras Xornadas Gastronómicas de Lugo xa teñen gañadores


# Luns, 21/03/2011
A votación popular elixiu ao menú de Curmans como gañador e o da Taberna de Daniel no segundo posto

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O xurado optou polo menú ofrecido polo Restaurante La Barra, en primeiro lugar, e o Restaurante Paprica como segundo

A Nosa Terra e o Restaurante Paprica recibiron sendas distincións ao mellor prato ecolóxico e mellor prato Lugosabe


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu esta mañá a entrega de premios das Primeiras Xornadas Gastronómicas de Lugo. O acto celebrouse no Salón de Plenos da Casa Consistorial, e contou coa presenza do Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Deputada Provincial da Deputación de Lugo, Regina Polín Rodríguez, e Javier Villanueva, Representante de INDEGAE.

As Primeiras Xornadas Gastronómicas de Lugo, organizadas polo Concello de Lugo xunto coa Deputación Provincial, a Asociación Provincial de Hostaleiros e Asociación de Industrias Elaboradoras Galegas de Agricultura Ecolóxica, desenvolvéronse na cidade dende o 11 de decembro de 2010 e ata o pasado domingo 27 de febreiro. Os participantes, un total de 30 establecementos, ofertaron un menú que consistiu nun 1º prato, 2º prato, pan e postre.

No acto de entrega, o Alcalde destacou a gran acollida desta iniciativa, agradecendo a participación das entidades colaboradoras así como a participación dos establecementos hostaleiros, e apostou por unhas segundas Xornadas Gastronómicas.

As bases das Primeiras Xornadas Gastronómicas de Lugo estableceron tres modalidades de premios:

1º Premio Mellor Menú.

Primeiro e segundo premio que se decidirán por votación popular mediante os votos introducidos nas urnas situadas nos establecementos participantes.

1º Premio Mellor menú
Curmans
Espuma de erizo con panecillos de aceite de albahaca e tomate
* * *
Magret de pato con crema de castañas do Caurel
* * *
Crema de queixo de cabra bio con frutas vermellas ecolóxicas e galleta de nata

2º Premio Mellor menú
Taberna Daniel
Crema de boletus
* * *
Solombo de porco con salsa de queixo azul
* * *
Tarta de castañas


Tamén se concederon dous premios Muralla de Lugo, que decidiu o xurado, para os menús que homenaxearon á Muralla no Décimo Aniversario da súa declaración como Patrimonio Mundial.

1º prato Muralla de Lugo
Restaurante La Barra
Filloas e tellas da Mosquera
Fotografía do prato gañador
2º prato Muralla de Lugo
Restaurante Paprica

Lombo de tenreira galega con cazola de pataca e cebola asada con queixo de S.Simón grelado
Fotografía do prato gañador
Finalmente, outorgáronse dous premios extraordinarios ó mellor prato ecolóxico e o mellor prato Lugosabe. Neste caso debían ser feitos en homenaxe á Muralla usando unicamente produtos ecolóxicos ou con ingredientes autóctonos da provincia de Lugo ou que conten co selo Lugosabe.

Mellor prato ecolóxico
Curruncho A nosa terra
Entrecot de tenreira galega ecolóxica
Fotografía do prato gañador
Mellor prato Lugosabe
Restaurante Paprica
Lombo de tenreira galega con cazola de pataca e cebola asada con queixo de S.Simón grelado
Fotografía do prato gañador

O número de enquisas recollidas foi de 2.158, calculándose unha facturación dos menús de 47.201 euros. Hai que ter en conta que este cálculo esta baseado nas enquisas recollidas, que non teñen porque coincidir co número de menús consumidos, xa que moita xente que degustou algún dos menús participantes nas I Xornadas Gastronómicas de Lugo, non participou coa súa opinión nas enquisas.


Resultados finais das enquisas das I Xornadas gastronómicas do Concello de Lugo

Fotografía do prato gañador

 

Fotografía do prato gañador

 

Fotografía do prato gañador

 

Fotografía do prato gañador

 

Fotografía do prato gañador

 

Fotografía do prato gañador

 

Fotografía do prato gañador

 

Fotografía do prato gañador

 

Fotografía do prato gañador

 

Fotografía do prato gañador

 

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova