Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde presidiu a reunión na que se constituíu a Comisión de aforro enerxético do Concello de Lugo


# Martes, 22/03/2011
Vaise crear un grupo de traballo para diminuír nun 20% o consumo de enerxía

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello súmase á iniciativa a Hora do Planeta da asociación ecoloxista WWF e apagará o alumeado de monumentos da cidade o vindeiro sábado

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu esta tarde a reunión na que se constituíu a Comisión de aforro enerxético do Concello de Lugo.

Na reunión tomaron parte os Concelleiros de Economía e Emprego, Sonia Méndez; de Infraestruturas, José Piñeiro, e de Transportes, José Rábade, así como técnicos de varios servizos municipais e representantes de empresas de distribución e mantemento do alumeado que traballan para o Concello.

A Comisión de aforro enerxético analizou as medidas que xa ten en marcha o Concello para aforrar no consumo de enerxético. Entre esas medidas figuran a progresiva elaboración de auditorías enerxética nos once edificios municipais nos que se produce máis consumo de enerxía, a próxima implantación do sistema SAE nos autobuses urbanos que facilitarán información os usuarios e tamén contribuirán a optimizar a xestión da flota de autobuses coa conseguinte redución no consumo de combustible e a progresiva substitución de 968 lámpadas do alumeado público na zona rural que suporán un aforro mínimo na factura de 25.600 euros ó ano.

Na reunión celebrada hoxe acordouse crear un Grupo de traballo, que presidirá un técnico da Concellería de Medio Ambiente, que proporá medidas para reducir o consumo propio do Concello. O obxectivo é reducir o consumo do Concello polo menos nun 20% respecto do previsto no ano 2016. O propósito do Concello de Lugo é dar cumprimento canto antes ós obxectivos marcados pola Lei de Economía Sostible publicada o pasado 5 de marzo.

A Hora do Planeta

O Concello de Lugo tamén acordou sumarse, un ano máis, á iniciativa mundial en defensa do medio ambiente a Hora do Planeta que impulsa a asociación ecoloxista WWF co apagado do alumeado ornamental-.

A Hora do Planeta 2011 terá lugar o vindeiro sábado, 26 de marzo, de 20.30 a 21.30 horas. Durante ese tempo, o Concello de Lugo apagará o alumeado ornamental dos principais monumentos da cidade. Concretamente apagarase a iluminación da Muralla, da Catedral, da Igrexa de San Froilán e do Monumento conmemorativo do bimilenario da cidade da praza de Santo Domingo.

Ó sumarse a esta iniciativa, o Concello de Lugo quere expresar a súa preocupación polo cambio climático e o seu compromiso para loitar contra os seus efectos.

Lugo participará neste apagado simbólico de luces como farán outras cidades como Barcelona ou Sevilla.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova