Imprimir

O ALCALDE VISITOU A SEDE DA EMPRESA SEUR QUE LLE ENTREGOU UNHA CERTIFICACIÓN DUN PREMIO POLA SÚA CAMPAÑA DE DIFUSIÓN DO PROGRAMA LUGO10


22/3/2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, realizou hoxe unha visita á sede da empresa SEUR onde lle fixeron entrega da certificación do premio SEUR España pola súa campaña de difusión do programa Lugo10.

SEUR contribuíu á difusión de Lugo10 coa posta en circulación de 32.500 sobres especiais da marca Lugo10, que levaron a imaxe da Muralla Romana por todo o territorio peninsular. Ademais, 23 furgonetas viniladas, promocionaron a imaxe de Lugo nas estradas dende o ano pasado e durante todo o 2011.

O Alcalde aproveitou para coñecer as instalacións desta empresa, situada no polígono do Ceao, que dá emprego a 50 traballadores.

López Orozco, saudou ós traballadores, a maioría deles autónomos, e quixo coñecer as instalacións dunha empresa que facturou na nosa cidade preto de 3 millóns de euros o ano pasado, un dato de especial relevancia xa que o seu sector está considerado como un barómetro da economía pola súa relación coa práctica totalidade dos sectores comerciais e industriais.

www.lugo10.es