Imprimir

CONTINÚA O PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA E CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL CO MAGO RAFA


23/3/2011 A actividade, que xa ten todas as prazas cubertas, terá lugar este xoves, día 24 de marzo, ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal acolle este xoves, día 24 de febreiro, unha nova actividade do programa de Animación á Lectura que se está a desenvolver ao longo deste primeiro trimestre do ano.

A partir das 19.00 horas, o Mago Rafa presentará “Momentos Máxicos”, unha montaxe fresca e actual, dunha hora de duración, onde a maxia máis divertida se mestura coas técnicas máis clásicas para ofrecer un espectáculo diferente onde a participación vai marcando o seu desenvolvemento. Esta actividade está recomendada para nenas e nenos maiores de sete anos.

As actividades do programa de Animación á Lectura son gratuítas, e celébranse os xoves ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Debido á limitación do aforo (máximo 20 participantes) os pais e nais que desexen asistir deben retirar as invitacións na mesma Biblioteca. Para esta actividade xa están esgotadas todas as invitacións.

O programa de Animación á Lectura está deseñado especialmente para os máis pequenos, e busca fomentar o hábito da lectura a través de espectáculos de contacontos, obradoiros de monicreques, debuxo creativo e de creación literaria que tratan de estimular o gusto polos libros e a imaxinación dos máis cativos.