Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello publica a lista de seleccionados do Plan Lugo Emprega


# Xoves, 24/03/2011
O Plan financiado pola Deputación provincial permitirá que o Concello de Lugo contrate 62 desempregados durante seis meses

O Concello de Lugo fixo publicou hoxe a lista de persoas seleccionadas do Plan Lugo Emprega, que financia a Deputación provincial. O Plan Lugo Emprega permitiralle ó Concello de Lugo contratar 62 traballadores durante seis meses. A Deputación financia estas contratacións cunha achega económica de 800.000 euros

As persoas seleccionadas neste proceso terán agora dous días de prazo para presentar a documentación que figura nas bases, un trámite que deberán facer no Rexistro Xeral do Concello. Deseguido incorporaranse ós postos de traballo para os que foron seleccionados.

Os 62 traballadores que contratará o Concello de Lugo son para as seguintes prazas: 42 de peóns, 5 de auxiliares administrativos, 4 ordenanzas, 3 técnicos medios, 3 dinamizadores, 3 especialistas informáticos e 2 de delineantes.

A lista de seleccionados para traballar no Concello de Lugo grazas ó Plan Lugo Emprega pódese consultar nos taboleiros de anuncios e nas webs do Concello de Lugo e da Deputación provincial.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova