Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión de Festas propón convocar un concurso para adxudicar durante catro anos as casetas e caldeiros do polbo das Festas de San Froilán


# Xoves, 24/03/2011
O procedemento de concurso e a ampliación do prazo de adxudicación eran demandadas polos hostaleiros

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Comisión emitiu ditame favorable das bases que deberá aprobar agora a Xunta de Goberno Local


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu hoxe a reunión da Comisión de Festas que emitiu ditame favorable ás bases técnicas e administrativas que rexerán no concurso para a autorización da instalación de casetas e caldeiros do polbo durante as Festas de San Froilán nos anos 2011, 2012, 2013 e 2014.

O acordo da Comisión de Festas deberá ser ratificado agora pola Xunta de Goberno Local e tomouse co voto favorable dos grupos políticos, agás o PP que se abstivo.

Esta decisión supón que a adxudicación das casetas e caldeiros do polbo do San Froilán deixará de facerse mediante o procedemento de subastae pasará a ser a través dun concurso público, que é un procedemento administrativo máis reglado e, polo tanto, máis transparente e equitativo.

O Concello atende deste xeito unha demanda dos hostaleiros igual que o fai o ampliar o prazo de adxudicación, que pasará a ser por 4 anos no lugar dos 3 que era anteriormente. Con esta ampliación vaise facilitar a amortización dos investimentos que teñan que realizar os hostaleiros.

Outra novidade que establecen as bases é que será necesario acreditar experiencia profesional. No concurso tamén se valorará o mantemento da tipoloxía tradicional das casetas.

As bases actualizan os prezos de partida para a licitación das casetas e caldeiros do polbo tendo en conta o IPC e tamén supoñen a actualización das normas técnicas e de seguridade, para dar cumprimento á normativa da Unión Europea.

En canto ós prezos de venda ó público do polbo, pan, cachelos e viño, mantéñense no ano 2011 igual que nas edicións anteriores do San Froilán. Para os anos sucesivos os prezos serán revisables dacordo co IPC.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova