Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello asina un convenio con 13 empresas que apoian o programa +XTÍ con descontos nos seus establecementos


# Xoves, 24/03/2011
435 familias lucenses participan no programa municipal de alternativas de ocio xuvenil que conta con financiamento do Plan nacional sobre Drogas

Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, agradeceu hoxe o apoio que dan 13 empresas de Lugo ó programa +XTÍ, un programa de alternativas de ocio xuvenil que ten en marcha o Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, e que conta con financiamento do Plan nacional sobre Drogas.

O Alcalde salientou o exemplo que supón “o esforzo que fan estas empresas para colaborar cos lucenses nun programa de prevención como é o +XTÍ”.

Pola súa parte, a Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, destacou que este ano son seis máis as empresas que colaboran neste programa de prevención do consumo de drogas e sinalou que tamén medrou o número de familias que se fixeron socias do programa, xa que o ano pasado eran 200 e nesta edición hai 435.

Representantes das trece empresas colaboradoras asinaron hoxe un convenio co Concello que suporá a oferta de descontos nos seus establecementos ós socios deste programa.

O convenio ten vixencia por un ano, tempo no que as 435 familias socias do +XTÍ se poden beneficiar de descontos dun mínimo do 20% nos establecementos das empresas colaboradoras e os mozos poden acceder a un prezo máis barato a un abano maior de actividades para o seu tempo de ocio.

As empresas colaboradoras traballan en sectores como a música, o deporte, a librería, o baile, estética, cine ou pintura.

Para beneficiarse dos descontos, os mozos só teñen que presentar o seu carnet de socio +XTÍ e o seu documento de identidade. Todos os establecementos están identificados cunha imaxe adhesiva do +XTÍ.

Das vantaxes que lles ofrecen estas empresas foron informadas as 435 familias por distintas vías: o tuenti do +XTÍ, por correo electrónico, por carta e na sala Boe.

As empresas colaboradoras co programa +XTÍ son as seguintes: Arco Iris instrumentos musicais, A Sport 21, Límite Vertical, Star Dance, Talentocom.com, Librería Galicia, Funky Fish, Cine As Termas, Jean Louis David, Vass, Bourio, Nova Rúa Arte e Exclusivas Apolo.

Programa +xtí ( máis por tí )

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova