Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello cede un piso á asociación Alume para que o use como piso tutelado


# Xoves, 24/03/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron esta tarde a sede da Asociación lucense de axuda a enfermos mentais Alume e entregáronlle ó seu Presidente, Manuel Fernández Prado, as chaves dun piso propiedade municipal que lle cede o Concello a esta entidade para que o empregue como piso tutelado.

Na súa visita ás instalacións de Alume, o Alcalde e a Concelleira tiveron ocasión de ver algúns dos participantes nos obradoiros que organiza esta asociación.

Alume dá servizo a 65 persoas e ten un programa composto por unha ducia de obradoiros de actividades como cestería, cerámica, pandereta, pintura téxtil, animación á lectura, habilidades sociais ou informática.

A asociación ten un plantel de 12 traballadores que se suman ós voluntarios que colaboran coa entidade.

Ademais, o Alcalde e a Concelleira de Benestar Social efectuaron esta tarde unha visita á sede da Asociación de persoas xordas de Lugo Asorlu. Con esta entidade tamén mantén unha continua cooperación o Concello de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova