Imprimir

O ALCALDE ASISTE Á PRESENTACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO IMPULSA LUGO


25/3/2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu hoxe á presentación do Plan Estratéxico do Programa Impulsa Lugo.

O Plan Estratéxico presentouse nun acto presidido polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O documento fai un diagnóstico das fortalezas e debilidades da nosa provincia e sinala os sectores con máis potencialidade de crecemento como o hortofrutícola, o vitivinícola e o turismo.