Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Vinteunha parroquias de Lugo xa teñen acceso á Internet grazas ó Concello


# Venres, 25/03/2011
O Alcalde asistiu á posta en servizo da rede WiFi que dá acceso a Internet a trece parroquias máis

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concello investiu 200.000 euros na segunda fase da extensión da banda ancha á zona rural de Lugo

O proxecto foi financiado polo Goberno a través do Fondo de Emprego e da Sustentabilidade Local



O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, asistiron este venres ó acto de posta en servizo da rede WiFi que dá acceso a Internet a trece novas parroquias de Lugo.

Desde hoxe xa son vinteunha as parroquias da zona rural de Lugo con acceso a Internet a través da rede WiFi creada polo Concello.

Na súa intervención, o Alcalde lembrou que “a obriga de levar a Internet á zona rural é da Xunta de Galicia, non do Concello, pero visto que a Xunta non o fai no rural de Lugo, a pesar de terllo pedido, non quedamos coas maos nos petos e buscamos diñeiro para facelo nós”.

“Eu estou empeñado en que o conxunto do Concello de Lugo estea no século XX”, dixo o Alcalde, e por iso márcase o obxectivo de conseguir que haxa Internet nas 54 parroquias do Concello porque “o meu soño é que todos os veciños das zonas rural e urbana estean en igualdade de condicións”, dixo López Orozco.

O Alcalde tamén indicou que, unha vez que haxa un espazo en cada parroquia con conexión a Internet, facilitarase ás empresas de telecomunicacións a posibilidade de darlle conexión ás vivendas.

O Alcalde definiu a Internet como “unha extraordinaria ferramenta de comunicación, que aforra tempo e diñeiro” e animou a todos os veciños a facer uso das novas tecnoloxías para o que anunciou que o Concello fará novos cursos de formación.

O investimento na segunda fase desta rede de telecentros rurais creada polo Concello de Lugo foi de 200.000 euros. O proxecto de adquisición e extensión da banda ancha na zona rural do noso Concello foi financiado polo Goberno de España, a través do segundo Plan E, o Fondo do Emprego e da Sustentabilidade Local.

O acto de posta en servizo da conexión a internet en vinteunha novas parroquias tivo lugar esta mañá no novo telecentro situado na parroquia de Santiago de Saá e asistiron a el pedáneos, directivos de asociacións veciñais e veciños de Saá. Os asistentes tiveron ocasión de ver unha presentación interactiva da ampliación da rede de telecentros do Concello, cada un dos cales está dotado con catro equipos informáticos e con rede WiFi.

Nesta fase puxéronse en funcionamento trece telecentros situados nas parroquias de
Adai, Barbaín, O Burgo, Pedreda, Meilán, Vilachá de Mera, Rubiás, Poutomillos, San Xoán do Alto, Santiago de Saá, Ribas de Miño, Camoira e Bocamaos. Estes telecentros súmanse ós oito que xa estaban funcionando nas parroquias Coeses, Calde, Veral, Castelo, San Pedro de Mera, Santa Comba, Bóveda e San Xoán do Campo. 

Rede de Telecentros municipais

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova