Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Xornadas do Proxecto PARNET-tic


# Luns, 28/03/2011
O Concello participa nunhas Xornadas do Proxecto PARNET-tic

O Concello de Lugo participará cunha ponencia sobre o Proxecto europeo PARNET-tic nas “Xornadas sobre Información Institucional Dixital e xornalismo na rede. A Comunicación total”. Estas xornadas están organizadas polo Club de Prensa de Ferrol, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Concello de Fene.

As xornadas celebraranse do 28 ao 31 de marzo de 2011 na Casa da Cultura de Fene e contarán con varias ponencias centradas na comunicación dixital, orientadas a xornalistas en xeral, gabinetes de prensa de concellos, empresas, organismos públicos ou privados, entidades sociais, políticos e empresarios.

Durante 4 días achegaranse a Fene os mellores especialistas na materia acompañados do alcalde de Jun (Granada) que contará a súa novidosa experiencia de crear servizos dixitalizados a baixo custe neste concello.

Hoxe, luns 28 de marzo, ás 19.30 horas terá lugar a ponencia do Concello de Lugo, na que se explicará o proxecto PARNET-TIC. Actuación configurada como un proxecto de servizos dixitais no medio rural e integrado no programa de Cooperación Territorial Espazo Sudoeste 2007-2013 da Unión Europea, co que se pretende constituír unha Rede de Territorios Rurais para o acceso á Sociedade da Información que serva para o intercambio de información e de coñecemento.

PARNET-tic é un proxecto de carácter transnacional, dotado con preto de 1,7 millóns de euros e cofinanciado nun 75% pola Unión Europea. Nesta iniciativa participan o Concello de Lugo; as Deputacións de Lugo, Coruña, Huesca e Almería; a Cámara Municipal de Águeda (Portugal); e a Pole Universitarie Europèen de Monpellier (Francia). O seu obxectivo é fomentar a sociedade da información nos territorios rurais para impulsar a economía, mellorar a calidade de vida, e frear o despoboamento demográfico.

Coñeza o proxecto PARNET-tic

Newsletter nº 11 - marzo 2011 - PARNET TIC


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova