Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Empeza o proceso para seleccionar o proxecto de construcción da Estación Intermodal de Lugo


# Luns, 28/03/2011
O Alcalde participou na reunión que celebrou hoxe o xurado encargado de escoller unha das sete propostas finalistas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
López Orozco manifestou que é un paso importante para que Lugo dispoña da Estación a que chegará o AVE e destacou o cumprimento dos pasos anunciados na sinatura do convenio para construir a Estación Intermodal



O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe na reunión que celebrou o xurado encargado de seleccionar o proxecto de construcción da nova Estación Intermodal de Lugo, que se celebrou na Subdelegación do Goberno.

O Alcalde destacou a trascendencia deste acto ó subliñar que se trata dun “paso importante e real, como os que veñen dando o Ministerio de Fomento, Adif, a Xunta e o Concello para que, cando chegue o AVE, Lugo teña a Estación Intermodal”.

López Orozco sinalou tamén que “polo que se pode ver nas maquetas, os de Lugo estamos moi contentos xa que teremos unha Estación Intermodal moi ben cohesionada co contorno urbano” e afirmou que, á vista das propostas, “vai gañar a cidade e tamén aquel contorno”.

O Alcalde dixo que o xurado vai traballar para que “no máis breve prazo poidamos tomar unha decisión” e agradeceulle a Adif “o bó comportamento que tivo cumprindo ó pé da letra o establecido no convenio”. Tamén lle agradeceu o Alcalde ós membros do xurado o seu labor e amosouse convencido de que “se vai tomar unha sabia decisión para Lugo”.

Pola súa parte, o Presidente de Adif, Antonio González Marín, declarou que “os sete proxectos finalistas teñen méritos sobrados e agora correspóndelle ó xurado discernir cal reúne mellores condicións de funcionalidade, integración urbanística e de accesibilidade”. Tamén indicou que o obxectivo é escoller un proxecto que supoña “unha icona para Lugo, aínda que é dificil nunha cidade cun monumento que é Patrimonio Mundial”.

Sinalou, ademáis. que se presentaron “moi boas propostas feitas por un conxunto de enxeñeiros e arquitectos de primeira magnitude”. O Presidente de Adif explicou que hoxe efectuouse a apertura das sete maquetas dos proxectos que resultaron finalistas e “a partir de agora analizaranse as propostas e a documentación técnica que aportan”. Segundo dixo, “nuns 15 ou 20 días haberá unha proposta que a comisión elevará ó xurado e logo tralsdarase á mesa de valoración”.

Tamén explicou que os autores das maquetas son descoñecedidos porque foron presentados baixo un lema e o xurado traballará sen saber quenes son os autores, que non se coñecerán ata a apertura das propostas económicas.

Membros do xurado

O xurado estivo presidido polo Presidente de Adif, Antonio González Marín, e actuaron como vogais o Alcalde, José López Orozco; o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro; o Xefe territorial da Xunta, José María López Vega; a vogal da Xunta Reitora do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e presidenta da Comisión de Ordenación do Territorio e Urbanismo, María Luisa Menéndez Miramontes; o arquitecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galciia, Andrés Fernández-Albalat, e o Subdirector Xeneral de Planificación e Proxentos do Ministerio de Fomento, Francisco Sánchez Ayala.  Completan a lista de membros catro vogais máis, representantes de Adif, e actuou como secretaria a secretaria xeneral e do Consello de Adif.

Este xurado ten como principal competencia decidir, de entre as sete empresas finalistas seleccionadas previamente, a adxudicataria da redacción do proxecto básico e construtivo da nova Estación Intermodal de Lugo.

As sete candidaturas seleccionadas son as seguintes, por orde alfabética:
-Acciona Ingeniería-Castellana 90.
-Ayesa-Antonio Barrionuevo Arquitectos-César Portela-Julia Molino Arquitectura.
Eptisa Servicios de Ingeniería-Junquera Arquitectos-Calter Ingeniería.
Esteyco-Martínez Lapeña-Torres Arquitectos.
Greccat-Mangado & Asociados.
KV Consultores de Ingeniería, Proyectos y Obras-Carlos Rubio Carvajal-Enrique Álvarez Sala-Walther.
Sener, Ingeniería y Sistemas-Nieto Sobejano Arquitectos.

O primeiro paso para construir a Estación Intermodal de Lugo deuse o pasado 4 de agosto, coa sinatura dun protocolo, acto que presidiu o Ministro de Fomento, José Blanco, e no que participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández; o Delegado do Goberno, Antó Louro, e o Presidente de Adif, Antonio González.

Decisión consensuada

Previamente á xuntanza de hoxe, o Presidente de Adif realizaou unha invitación expresa ós máximos representantes dos citados organismos externos que compoñen o xurado, co obxecto de ofrecer a participación e o consenso das institucións galegas na elección da firma que será encargada finalmente da redacción do proxecto básico e construtivo.

O xurado debe facer constar nun informe a clasificación dos sete proxectos finalistas, tendo en conta os méritos de cada un dos mesmos, xunto coas súas observacións e calqueira outro aspecto que requira aclaración.

A decisión do xurado será secreta e motivada. Únicamente poderá poñerse en coñecemento da posterior comisión de valoración de Adif, que, tralo exame do ditame remitido polo xurado. fará pública a clasificación outorgada, preservando o anonimato daquelas ofertas que así o teñan indicado no sobre correspondente á oferta técnica, para o caso de non resultar gañadoras.

Os membros do xurado procederon hoxe a examinar o contido das sete ofertas, tanto da documentación en soporte papel e dixital como das maquetas correspondentes. Os compoñentes do xurado estudarán nos vindeiros días, xa por separado, a documentación aportada polas empresas ofertantes, ó obxecto de preparar unha próxima reunión na que se elabore o ditamen correspondente.

Unha vez elaborado polo xurado o correspondente ditame, que incluirá o informe técnico, os debantidos documentos deberán remitirse á comisión de valoración, que procederá noutra data á apertura en acto público das proposicións económicas presentadas polos licitadores, facéndose público asimesmo nese acto o resultado da decisión do xurado.

Estación Intermodal de Lugo

A nova Estación Intermodal de Lugo dará resposta ás necesidades de interconexión co resto de modos de transporte e sistema xeneral vairio para garantir a plena mobilidade no seu contorno. O novo edificio de viaxeiros adicado a estación de ferrocarril terá unha superficie en planta de 1.300 m2.

Co protocolo suscrito en agosto de 2010 deuse o primeiro paso para a construcción da estació, o que impulsa a incorporación de Lugo á rede ferroviaria de alta velocidade e constitúe unha iniciativa estratéxica para o desenvolvemento territorial e económico de Galicia, garantindo a mobilidade dos cidadáns.

Na nova Estación Intermodal integrarase a estación ferroviaria de alta velocidade cos demáis sistemas de transporte urbano e interurbano para facilitar o intercambio entre os usuarios de ferrocarril e outros modos de transporte.

Ademais, o protocolo, respectando a ubicación estratéxica no espazo urbano da actual estación ferroviaria de Lugo, determina a necesidade de optimizar recursos, integrando os servizos de hostalería, aparcamento, equipamentos de oficiñas e comerciais nas instalacións actuais cos previstos na remodelación futura.

Máis concretamente, o protocolo establece a remodelación do feixe de vías existente para a súa adptación á chegada da alta velocidade e a construcción dun novo edificio de viaxeiros, que se integre no actual, así como a remodelación do conxunto de instalacións ferroviarias para favorecer a intermodalidade cos demais sistemas de transporte.

Neste sentido, tamén se prevé a construcción dun novo edificio para a estación de autobuses. Ademáis é intención das partes a itegración na trama urbana dos terros colindantes ó trazado que se liberen.

Financiación

No protocolo establécense as pautas de financiación da actuación entre Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Lugo, que se concretarán a través de posteriores convenios de desenvolvemento. Deste xeito, o Ministerio de Fomento encargarqase da nova estación de alta velocidade e do 50% dos custes do desenvolvemento urbanístico do seu contorno; a Comunidade Autónoma asumirá o custe da nova estación de autobuses, así como o do 50% das actuacións de reurbanización do contorno que, no seu caso, sexan necesarias para a loxística da Estación Intermodal; e o Concello de Lugo asumiría o custe das actuacións de reurbanización do contorno da actual estación.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova