Imprimir

A XUNTA DE GOBERNO APROBA A SUSTITUCIÓN DA LICENZA DE APERTURA DOS COMERCIOS POR UNHA COMUNICACIÓN PREVIA OU DECLARACIÓN RESPONSABLE


28/3/2011 O Goberno Local acordou hoxe sustituir a licenza de apertura pola presentación dunha comunicación, co que se simplificarán os trámites para abrir un comercio

O importe da taxa por apertura de comercios se rebaixará o 50%

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, en sesión extraordinaria, o proxecto de imposición e ordenación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas e declaracións responsables nas aperturas dos establecementos. Deste xeito, as persoas interesadas en abrir comercios na cidade xa non necesitan solicitar licenza municipal de apertura. A partir de agora, bastará a presentación no Concello dunha comunicación previa ou dunha declaración responsable, acompañada da documentación correspondente.

O Goberno Local tamén acordou reducir á metade a taxa que teñen que pagar ao Concello os comerciantes para abrir un establecemento. A reducción dos trámites burocráticos que terá que facer o Concello coa sustitución do trámite de licenza e apertura polo dunha comunicación, permitirá rebaixar ó 50% o importe da taxa por apertura de comercios.

A supresión da licenza de apertura só lles afecta a usos estrictamente comerciais e qeu non sexan actividades suxeitas a impacto ambiental ou informes de sanidade, de xeito que si terán que pedir a licenza as oficinas, os establecementos nos que se manipulan alimentos ou aqueles que traballan con mercancías medioambientalmente perigosas.

O proxecto deberá ser aprobado no vindeiro Pleno Municipal, e permanecer exposto no Taboleiro de Anuncios do Concello durante trinta días hábiles.