Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno aproba a sustitución da licenza de apertura dos comercios por unha comunicación previa ou declaración responsable


# Luns, 28/03/2011
O Goberno Local acordou hoxe sustituir a licenza de apertura pola presentación dunha comunicación, co que se simplificarán os trámites para abrir un comercio

O importe da taxa por apertura de comercios se rebaixará o 50%

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, en sesión extraordinaria, o proxecto de imposición e ordenación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas e declaracións responsables nas aperturas dos establecementos. Deste xeito, as persoas interesadas en abrir comercios na cidade xa non necesitan solicitar licenza municipal de apertura. A partir de agora, bastará a presentación no Concello dunha comunicación previa ou dunha declaración responsable, acompañada da documentación correspondente.

O Goberno Local tamén acordou reducir á metade a taxa que teñen que pagar ao Concello os comerciantes para abrir un establecemento. A reducción dos trámites burocráticos que terá que facer o Concello coa sustitución do trámite de licenza e apertura polo dunha comunicación, permitirá rebaixar ó 50% o importe da taxa por apertura de comercios.

A supresión da licenza de apertura só lles afecta a usos estrictamente comerciais e qeu non sexan actividades suxeitas a impacto ambiental ou informes de sanidade, de xeito que si terán que pedir a licenza as oficinas, os establecementos nos que se manipulan alimentos ou aqueles que traballan con mercancías medioambientalmente perigosas.

O proxecto deberá ser aprobado no vindeiro Pleno Municipal, e permanecer exposto no Taboleiro de Anuncios do Concello durante trinta días hábiles. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova