O Concello de Lugo, dende a Concellería de Servizos Xerais, incicia, no vindeiro mes de abril, a nova tempada de visitas guiadas no Cemiterio de San Froilán, estando prevista a primeira visita para o domingo día 10 de abril.
O número de prazas está limitado a 20, e as reservas poden facerse a través do servizo 010 do Concello de Lugo. A hora prevista para o comezo da visita é das 11.00 horas, e a duración aproximada é de unha hora e media.
As persoas interesadas poderán facer uso da liña regular 5E (non gratuito) e As Gándaras-Campiña-Cemiterio.
Saída: 10.45 horas Ronda Muralla, (Sindicatos)
Paradas: Ronda Muralla, 95
Ronda Muralla, 118
Ronda Muralla (Obras Públicas)
Ronda Muralla (Fogar Santa María)
Ronda Muralla, 163-164
Rúa Santiago 24-26-28
Rúa Santiago 70
Rùa Santiago 110
Rúa Santiago 214
Estrada vella Santiago 24
Polusa
Estrada vella Santiago, (Restaurante)
Estrada vella Santiago, (Acualife)
Estrada vella Santiago, (Renault)
Concerto día da Nai
Con motivo do día da Nai, o día 3, realizarase un acto consistente na lectura dun poema e un concerto a cargo da Coral Lugh, que interpretará varias pezas en homenaxe ao día da Nai. Será no Cemiterio Municipal ás 19.30 horas.
Coñezca o Cemiterio Municipal de San Froilán