Cargando....
Concello de Lugo
20/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o proxecto para rehabilitar a Ponte Romana


# Luns, 28/03/2011
O proxecto prevé que convivan o tráfico de peóns e de vehículos con destino ó barrio da Ponte para os veciños da zona

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Vaise retirar a estrutura metálica, dase solución ás canalizacións de servizos e poñerase iluminación ornamental

O Ministerio de Fomento financiará esta actuación con fondos do 1% cultural



O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou hoxe o proxecto de rehabilitación da Ponte romana, nun acto no que estivo acompañado polo Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, e por Manuel Durán, o Xerente da empresa E.I.C. Durán que elaborou o proxecto.

O Alcalde destacou que o proxecto feito polo Concello “vaise presentar ó 1% cultural, tal e como pediu o Ministro de Fomento, José Blanco, que comprometeu financiar os traballos cando visitou as obras de construcción da nova Ponte sobre o río Miño”.

López Orozco explicou que este é un proxecto “no que viñan traballando os servizos técnicos do Concello e que agora recibe o pulo definitivo porque imos ter financiación para levalo a cabo”. Neste sentido, sinalou que “agora é o momento porque o 24 de xuño teremos solucionado o paso de vehículos pola nova Ponte do Miño, que está a piques de rematar o Ministerio de Fomento, e os veciños tamén poden ir ó barrio de San Lázaro pola pasarela peonil deixando os coches no novo aparcamento do Estadio”.

Para o Alcalde ésta “é unha obra moi importante para a cidade, porque supón a recuperación dunha Ponte de orixe romana, sobre a que tamén se traballou na Idade Media, no século XIX e a medidados do XX” e dixo que esta actuación “vainos permitir que poidamos recuperar unha parte da nosa historia, xa que pretendemos que quede claramento exposto o que é orixinal e o que é rehabilitación”.

Pola súa parte, Manuel Durán explicou que se vai retirar a estrutura metálica existente na Ponte romana”. Respecto ó tránsito de vehículos, indicou que “haberá tráfico mixto, poderán pasar por ela os peóns e limitarase a circulación de vehículos que será só con dirección ó barrio da Ponte para os residentes na marxe dereita do Miño”. Actualmente, calcúlase que circulan pola Ponte romana orredor de 16.000 vehículos ó día.

 Na súa opinión, “a apertura da nova Ponte sobre o río Miño é unha oportunidade histórica que vai permitir este cambio de utilidade da Ponte romana”, da que dixo que “non ten ningún dano estrutural nin agotamento”. Nas labores de rehabilitación empregaránse materiais da zona como pizarra e granito.

O proxecto prevé a  iluminación ornamental da Ponte e o alumeado público instalarase sen poñer báculos ou farolas, xa que está previsto poñelo na rasante. En cando os servizos de telefonía, auga e de media tensión daraselles solución con canalizacións no recheo da Ponte, e tamén se deixarán canalizacións de reserva para o futuro.

As obras comprenden o desmontado das beirarrúas e barandillas metálicas, a demolición dos actuais pavimentos asfálticos da calzada da Ponte e os seus accesos máis próximos. Vaise recuperar a súa imaxe anterior ó ensanche, así como o perfil alomado, para satisfacer necesidades topográficas, de estabilidade estrutural dos arcos 6 e 7, unha deficiencia que xa puxera de manifesto Ferro Caaveiro no século XVIII, e para soterrar as infraestruturas que teñen que pasar pola Ponte, eliminándoas da parte exterior da fábrica. Tamén se van reparar os danos da cimentación detectados e limparanse os paramentos. Dotarase á calzada dun novo pavimento e construiranse os pretís con mampostería. A obra rematará coa iluminación rasante da calzada con luminarias aloxadas no pretil, e a dos paramentos dos arcos a ambos os lados da ponte, para un mellor ornato nocturno.

O custe aproximado das obras será duns 900.000 euros e o prazo estimado, de seis meses.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova