Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Visitas á Escola infantil de San Fiz e á Casa da Xuventude


# Luns, 28/03/2011
O Alcalde aproveitou as visitas que efectuou á Escola infantil de San Fiz e á Casa da Xuventude para agradecer o labor que fixeron os concelleiros de Educación e de Infraestruturas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, aproveitou as visitas que efectuou esta tarde á Escola infantil de San Fiz e á Casa da Xuventude, para agradecer o traballo que realizaron os concelleiros de Educación, Dolores Vieiro, e de Infraestruturas, José Piñeiro.

Na visita á Escola infantil de San Fiz o Alcalde recoñeceu o importante labor desenvolvido por Dolores Vieiro á fronte da Concellería de Educación, da que dixo que “cando un remata unha etapa con tres escolas infantiles novas, con nove comedores novos nos colexios, cuns colexios públicos que non se poden comparar cos que había cando chegaches á Concellería e coas actividades extraescolares que se están facendo é para sentirse orgulloso do traballo desenvolvido sen esquecer o teu labor de todos os días porque non tiveches nin media dedicación exclusiva e con moi pouco persoal na túa Concellería”.

Dolores Vieiro respondeu cunha emotiva intervención na que sinalou que “intentei facer o que me propuxeches contigo sempre detrás e ó lado porque nunca se me puxo ningunha pega”. Vieiro gabou o traballo feito polo traballadores do seu departamento e dixo que “o único xeito de facelas cousas é en compañía” e recoñeceu que “me vou satisfeita porque o resultado é moi bo”. Tamén sinalou que os colexios públicos están hoxe moito mellor, “non polo meu labor senón polo de todos e porque sempre había alguén que me animaba a seguir adiante”, en alusión ó Alcalde.

Deseguido, o Alcalde efectuou unha visita á Casa da Xuventude e Centro de Convivencia de San Fiz, onde lle dedicou unhas cariñosas palabras de agradecemento ó Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro. “Piñeiro facía as rúas, arreglaba o saneamento, os problemas de auga, das escolas infantiles, da Casa da Xuventude, do polideportivo de Frigsa e iso dá moito traballo e sinsabores, pero ó final as cousas están feitas”, dixo o Alcalde e engadiu que “aproveito este momento para darche as grazas en público polo enorme traballo que lle adicaches á cidade e polo teu cariño”.

José Piñeiro pola súa parte agradeceulle ó Alcalde a oportunidade de ter traballado “por esta cidade e polos nosos veciños, con acertos e con erros pero ver ó final como cambiou a cidade”. Tamén sinalou que “pasear pola cidade, ver as obras que se fixeron e poder dicir nisto eu aportei un grao de area e poder traballar pola miña cidade é o maior orgullo que sinto e que sentirei toda a vida”.

As dúas obras que visitou esta tarde o Alcalde financiáronse con cartos procedentes do Goberno de España a través do Plan E.

O edificio que comparten a Casa da Xuventude e o Centro de Convivencia de San Fiz supuxo un investimento de 980.000 euros

A construcción da gardería de San Fiz, dotada con 61 prazas, supuxo un investimento de 763.000 euros máis 56.000 adicados ó mobiliario.

 

Coñezca as Escolas Infantís Municipais e os Centros de Convivencia

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova