Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Auditorio Gustavo Freire acollerá o domingo día 1 de maio o espectáculo "Mecano XXI. O Musical"


# Xoves, 31/03/2011
As entradas para a función, que oscilan entre os 20 e 25 euros, estarán a venda a partir de mañá venres, día 1de abril, a través de Nova Caixa Galicia

O espectáculo está ideado para todos os públicos e percorre a historia e cancións do grupo Mecano, un nome clásico e histórico do pop español

O vindeiro domingo día 1 de maio, o Auditorio Gustavo Freire acollerá a representación “Mecano XXI. O Musical”. Un espectáculo que chega a Lugo cos mellores artistas do musical “Hoy no me puedo levantar”. A función será as 20.30 horas, e as entradas poden mercarse a partir de mañá venres, día 1 de abril, a través de Nova Caixa Galicia.

As entradas terán un custo de 20 euros para a zona C, 22 euros na zona B e 25 euros na zona A.


MECANO XXI- Mkn XXI- O MUSICAL

”Hoy no me puedo levantar” é o musical español máis importante e con maior éxito da historia. Agora, MECANO XXI (M.K.N. XXI) é o musical que percorre a historia e cancións de MECANO cos mellores artistas de “Hoy no me puedo levantar”. Un espectáculo que rende homenaxe ao mítico grupo español coa súa música e baile.

Sergio del Valls, director musical de "Hoy no me puedo levantar”, deu forma a un espectáculo que está a percorrer toda a xeografía española coas cancións e a historia de MECANO como leit-motiv.

O resultado, chamado MECANO XXI ou, coma se se tratase dun sms, Mkn XXI, é unha vibrante montaxe que repasa a discografía do grupo madrileño dende o seu primeiro singel en 1981 ata a última gravación “Aidalai” en 1991. Un período que os converteu en auténticos clásicos da música pop española con cancións que están na memoria sentimental de todos.

MECANO XXI é unha posta ao día do repertorio do trío- comprobando a súa vixencia e poder interxeracional- en hora e media de espectáculo. Os músicos estiveron en "Hoy no me puedo levantar", mentres que o corpo de baile é dirixido polo xenuíno e innovador coreógrafo Rubén Nsúe, habitual en distintos espazos televisivos onde achegou o seu enxeño e talento así como en anuncios publicitarios.

Os bailaríns proceden de "Hoy no me puedo levantar" e o programa televisivo "Fama... a bailar". Deste último espazo, cóntase con Vicky Gómez, a gañadora da súa primeira edición. Isto significa gran calidade e atractivo para o sector máis novo, completando o amplo abano de público xa que as xeracións anteriores están entusiasmadas polo feito de escoitar os éxitos de MECANO en vivo, en formato de musical.

Todo iso aderezado cun completo espectáculo audiovisual (proxeccións sobre pantalla ideadas polo editor persoal de Nacho Cano que xa fixo o propio en "Hoy no me puedo levantar" e "A", así como videoclips) e co mencionado corpo de baile de rechamante coreografía. Dúas voces, unha feminina e outra masculina, achegan unha versatilidade enriquecedora sen perder a fidelidade aos temas orixinais.

A xira inclúe máis dunha vintena de cidades entre as que destacan Elche, Cartagena, Santiago de Compostela, León, Miranda de Ebro, Zamora, Benidorm, Palencia, Xirona, Teruel, Cáceres, Elda, Huesca, Ourense, Lugo, Aranda de Duero........ Cidades todas elas onde non se presentou "Hoy no me puedo levantar".





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova