Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo apoia a candidatura de Gómez Noya ó Premio Príncipe de Asturias


# Xoves, 31/03/2011
O acordo vaise votar no pleno do 4 de abril no que tamén se lerá un manifesto contra o racismo e a xenofobia

O Concello de Lugo apoia a candidatura de Francisco Javier Gómez Noya ó Premio Príncipe de Asturias na modalidade de deportes. A Xunta de voceiros do Concello, que se reuniu esta mañá, acordou por unanimidade respaldar esta candidatura. O acordo deberá ser ratificado agora pola Corporación na sesión plenaria que se celebrará o vindeiro luns, 4 de abril.

A candidatura de Gómez Noya ó Premio Príncipe de Asturias dos deportes presentouna a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno. O Presidente desta Federación, Francisco Villanueva, pediu o apoio do Concello de Lugo nunha carta que lle enviou ó Alcalde, José López Orozco.

Na carta, solicítase a adhesión do Concello a esta iniciativa e explícase que “a presentación da candidatura faise en base, non só ós resultados deportivos senón tamén en base á capacidade de superación e sacrificio que tivo que ter o deportista cando lle privaron entre 3-4 anos de competir coa selección. Nun deporte de fondo, de resistencia, por tanto de moitísimas horas de dedicación para poder estar na elite e sen poder participar en grandes competicións, Javi Gómez, superounos con creces e unha vez ´desenvolto o entorto´, está entre os mellores. Por iso queremos que se premie o esforzo, o sacrificio e a calidade deportiva e humana de Javier”.

Contra o racismo

A Xunta de voceiros tamén acordou atender unha solicitude da asociación Equus Zebra con motivo da celebración, o pasado día 21 de marzo, do Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.

Esta asociación explica, nunha carta que lle mandou o seu Presidente, Víctor Omgbá, ó Alcalde, José López Orozco, o seu desexo de que “o pobo galego, a través dos seus representantes nas sete grandes cidadás, vertebrados en torno á figura central do seu Alcalde, proclamen o seu firme rexeitamento á discriminación”. Para elo propoñen a lectura dun manifesto contra o racismo e a xenofobia no próximo pleno da Corporación, unha decisión que foi respaldada esta mañá polos grupos políticos do Concello de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova