Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O vindeiro domingo, día 3 de abril, disputarase a 5ª carreira do Circuíto Larsa Corre con Nós


# Xoves, 31/03/2011
A proba deportiva contaba con 1.622 adultos e 1.300 rapaces inscritos

O vindeiro domingo, día 3 de abril, terá lugar a 5ª carreira do Circuíto Larsa Corre con Nós, que se disputará no Centro Comercial As Termas a partires das 12.00 horas, ubicando a saída no aparcadoiro superior do centro.

O circuíto das carreiras transcorre pola parte superior do centro comercial, enlazando terreo e asfalto para as carreiras de adultos.

As carreiras darán comezo segundo os seguintes horarios previstos:

Horarios - Categorías - Distancias

12.00 horas para a categoría MINI cunha distancia de 300 metros
12.10 horas para a categoría A cunha distancia de 517 metros
12.20 horas para a categoría B cunha distancia de 1.752 metros
12.30 horas para a categoría C-D cunha distancia de 2.670 metros
12.40 horas para a categoría ADULTOS cunha distancia de 5.657 metros

Para esta nova proba da XI edición do Circuíto Larsa Corre con Nós hai un total de 1.622 adultos e 1.300 rapaces/as inscritos. Os gañadores desta carreira do pasado ano coinciden cos actuais líderes do Circuíto Larsa Corre con Nós, Nicolás Arrojo e María Abel Diéguez.

Os tres primeiros/as das clasificacións de rapaces/zas recibirán trofeos e medallas.

Máis información e regulamento:
http://www.lugo.es/ws/deportes/correconnos




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova