Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de alumnos do colexio María Auxiliadora visitan o Concello


# Venres, 01/04/2011
Cincuenta e un nenos e nenas, acompañados por tres profesores, foron recibidos esta mañá no Salón de Plenos do Concello polo Alcalde, José López Orozco

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá, no Salón de Plenos do Concello de Lugo, a un grupo de cincuenta e un nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lucense María Auxiliadora, e que viñan acompañados por tres dos seus profesores.

Os pequenos e pequenas amosaron moita curiosidade polo funcionamento do Concello e pola labor desempeñada polo Goberno Municipal. López Orozco explicoulles o seu traballo como Alcalde e atendeu a todas as preguntas que lle fixeron os rapaces, que mostraron o seu interés por coñecer o funcionamento dunhas eleccións, e demostraron a súa preocupación e interese polo medio ambiente, preguntándolle ao Alcalde se a cidade de Lugo participou na iniciativa do Día do Planeta, celebrada o pasado sábado 26 de marzo, e na que a cidade apagou durante unha hora o alumeado dos principais monumentos.

As alumnas e alumnos do Colexio María Auxiliadora recibiron un exemplar da publicación do xornal El Progreso, en colaboración coa marca Lugo10, que recolle unha recopilación dos debuxos e relatos gañadores, escritos polos rapaces e rapazas que participaron nas dez edicións do certame Premios Muralla de Lugo, que xira en torno a Muralla Romana.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova