Imprimir

A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN ORGANIZA A FINAL DA LIGA DE DIVISIÓN DE HONOR DE XADREZ


1/4/2011

A Concellería de Educación, xunto coa Federación Galega de Xadrez e a Secretaría Xeral para o Deporte organizan a final da liga galega de xadrez que terá lugar o sábado 9 de abril. Xogarase a partir das 17 horas no Centro de Educación López Mella, no parque da Milagrosa.

Nesta actividade colaboran a Escola Luguesa de Xadrez e a Asociación Cultural Xaquedrum e o seu obxectivo é achegar ós lucenses o xadrez e que teñan a oportunidade de ver a xogadores de talla mundial. 

O sistema de xogo é a 90 minutos cun incremento de 30 segundos por xogada. A entrada será gratuíta.

Na final xogarán os catro mellores equipos da máxima categoría da liga galega de xadrez. Vanse disputar dous encontros, a gran final e o enfrontamento polo terceiro e cuarto posto.

Os equipos participantes serán: 
* Club de Ajedrez Marcote
* Club de Ajedrez Universidad de Vigo
* Club de Ajedrez Alexandre Bóveda
* Club de Ajedrez Círculo Ferrolano de Ajedrez

O Club Ajedrez Marcote é o actual Campeón de España de División de Honor e entre seus xogadores está o mozo ourensán GM Iván Salgado que é o terceiro mellor xogador absoluto de España.