Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 30 persoas solicitan a Tarxeta Cidadá no día na súa estrea


# Venres, 01/04/2011
Case 30 lucenses solicitaron cita para tramitar a Tarxeta Cidadá na primeira mañá que é posible solicitar este novo servizo

Imaxe Asociada

A solicitude pode facerse dende hoxe no 010 ou na páxina web do Concello

A Tarxeta Cidadá ofrece a posibilidade de abonar o billete do bus urbano, pagar nos parquímetros do sistema ORA ou como sistema de identificación e abono dos servizos municipais


A Tarxeta Cidadá, que pode solicitarse dende hoxe a través do teléfono de información do Concello 010 ou na páxina web do Concello, recibiu ao longo de esta mesma mañá preto de 30 solicitudes. Polo momento, 11 persoas foron citadas para o luns e 16 para o martes, co fin de tramitar a Tarxeta.

Que é a Tarxeta cidadá?
A Tarxeta cidadá é un dispositivo intelixente multiservizo que nos permite identificarnos e facer uso dos servizos municipais dun modo rápido e sinxelo.

Para que serve?
* Para aboar o billete de autobús urbano e do futuro transporte metropolitano, co moedeiro de transporte, mediante o uso de lectores con contacto.
* Para pagar nos parquímetros do sistema ORA co moedeiro de servizos mediante o uso de lectores con contacto.
* Para identificarte no acceso ás instalacións e para o aboamento de servizos municipais como a reserva de pistas, bonos para as piscinas, etc.

Progresivamente a tarxeta cidadá gañará versatilidade e sumará novas utilidades.

Quen pode solicitar a Tarxeta cidadá?
* Todas as persoas que vivan no termo municipal de Lugo.
* As/os menores de idade tamén poden obtela, pero no seu caso o contrato debe ser asinado polos proxenitores ou titores legais.
* As persoas que non figuren empadroadas no Concello de Lugo tamén poderán obtela.

Onde se solicita a Tarxeta cidadá?
* Concertando unha cita previa a través do teléfono 010 do Concello, onde ademais facilitarán información sobre a documentación que hai que achegar para a solicitude.
* Tamén se poderá solicitar dende a páxina web do Concello www.lugo.es.

Que Funcionalidades ten a Tarxeta cidadá?
A tarxeta cidadá de Lugo dispón de dous moedeiros diferentes e independentes.

* Moedeiro de transporte:
O diñeiro cargado neste moedeiro servirá exclusivamente para o pagamento das viaxes nos autobuses urbanos do Concello e do futuro transporte metropolitano que xestione a Xunta.

* Moedeiro de servizos municipais:
O diñeiro depositado neste moedeiro destinarase a aboamentos no resto de servizos municipais como A ORA, os de Deportes e os que posteriormente se incorporen ao sistema de xestión da tarxeta.

* Saldos dos moedeiros:
Moedeiro de transporte: o seu saldo oscilará entre 5 e 60 euros.
Moedeiro de servizos municipais: o seu saldo oscilará entre 5 e 180 euros.

* Recarga da tarxeta:
Poderase realizar, en tramos de 5 en 5 euros, nas oficinas de NovaCaixaGalicia ou na súa rede de caixeiros automáticos.

Teño bonificacións na Tarxeta cidadá?
A tarxeta cidadá conta co mesmo sistema de bonificacións sociais que o existente na tarxeta de transporte urbano actual.
Por iso, se a persoa interesada desexa acceder a unha Bonificación para o transporte, deberá formular unha solicitude específica de Tarxeta de Transporte Urbano coa documentación que corresponda, segundo o caso do que se trate.

Que teño que facer se perdo ou me rouban a Tarxeta cidadá?
Hai que comunicalo na oficina municipal da Tarxeta cidadá, da Sección de Policía, Tráfico e Transportes, ubicada nas dependencias da Policía Local.

Si xa teño unha Tarxeta de transporte que debo facer?
A tarxeta cidadá substituirá, no prazo dun ano á tarxeta de transporte actual, que quedará sen efecto.
* Se a tarxeta ten bonificación, o Concello avisará cando se debe cambiar.
* No caso contrario é convinte solicitar canto antes a nova Tarxeta cidadá.

Para máis información chamar ao teléfono do Concello de Lugo 010.

Toda a información da tarxeta cidadá e solicitudes

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova