Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro de Convivencia Fingoi conmemora o Día do Libro Infantil


# Venres, 01/04/2011
As actividades desenvolveranse mañá sábado, día 2 de abril, de 11.00 a 12.30 horas no Centro de Convivencia de Fingoi

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, organiza para a xornada de mañá sábado día 2 de abril no Centro de Convivencia de Fingoi unha serie de actividades conmemorativas do Día do Libro Infantil.

Así, as nenas e nenos que asisten aos obradoiros dos sábados neste centro, dirixidos polos seus monitores, introduciranse na vida e obra de Hans Christian Ándersen a quen se lle dedica o día 2 de abril de cada ano coincidindo co do seu nacemento.
Preténdese con este proxecto potenciar nas nenas e nenos o gusto polos libros e a lectura, despertar a curiosidade innata neles hacia estes temas, poñer en valor o traballo en equipo e outros obxectivos propios do traballo de animación sociocultural.

Dado que en cada franxa horaria coincide un grupo de nenas e nenos maiores (de 8 a 13 anos) e outro de máis pequenos (de 4 a 7 anos). Os dous grupos xuntos desenvolverán o seguinte programa:

Lectura polas monitoras da vida de Hans Christian Andersen (resumida) e comentario con preguntas e respostas ás nenas e nenos.

Lectura polas nenas e nenos maiores (por turnos ou ben facendo cada un o seu papel) dun conto de Andersen para os máis pequenos e exercicios curtos de animación á lectura.

Compoñer un quebracabezas e pintar/colorear debuxos. Estes traballos (relacionados coa lectura e os libros) levaranos para a súa casa e remataranos se nos lles da tempo na Biblioteca.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova