Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello fai xestións para atraer empresas ó polígono das Gándaras


# Venres, 01/04/2011
O Conselleiro de Economía e a multinacional Xero agradecen a proposta do Alcalde para que se instale en Lugo a fábrica de coches que non ten terreos en Melón

O Alcalde tamén se dirixiu ó Conselleiro de Medio Ambiente para ofrecerlle colaboración na promoción do parque empresarial


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, deu conta hoxe das xestións que está a levar a cabo o Concello para atraer empresas ó novo polígono empresarial das Gándaras. O Alcalde remitiu onte dúas cartas ó Conselleiro de Economía e Industria e á empresa Xero nas que propón instalar no polígono das Gándaras a fábrica de coches da multinacional británica que non dispón de solo no concello ourensán de Melón.

O Alcalde informou da “xentiliza do Conselleiro, o señor Javier Guerra, que xa nos contestou” e “venme dicir que esto é cuestión da empresa, á que tamén nos temos dirixido para ofertar esta cidade”. De feito, a última hora da mañá, recibiuse no Concello unha comunicación por correo electrónico de Xero España na que a empresa británica agradece o interese do Concello de Lugo e indica que se lle transmite a carta do Alcalde ós responsables pertinentes.

Ademais López Orozco deu conta de que tamén se dirixiu ó Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, para pedirlle información das empresas “que teñen comprados ou apalabrados terreos nas Gándaras para explicarlles as facilidades que dá este Concello ás empresas, unha vez que o próximo luns se aprobe en Pleno a bonificación á que poderán acollerse no Imposto de Construcións, Instalacións e Obras”.

Na carta, o Alcalde ofrécelle tamén ó Conselleiro a colaboración do Concello para elaborar un plan de comunicación para dar a coñecer o polígono de Lugo para dalo a coñecer en España e en Europa. “Nós ofrecemos a nosa colaboración porque de pouco vale ter un bó polígono se non é coñecido e esto só se pode facer mediante un plan de comunicación que tamén inclúa a asistencia a feiras de parques empresariais e reunións con empresarios” dixo o Alcalde quen lembrou a existencia de asociacións de empresarios galegos en Madrid, Barcelona e Sudamérica.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova