Imprimir

O ALCALDE E MEMBROS DO PADROADO DA UNED VISITARON O HOTEL MIÑO INVITADOS POLO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN


4/4/2011 O organismo inicia o estudo do cambio da súa sede oficial na provincia ás instalacións da Deputación logo da proposta do Alcalde de Lugo

Orozco subliña que este traslado conleva “a creación dun centro educativo con vocación de permanencia, no que será posible acoller a máis alumnos e incrementar as titulacións”

Besteiro avanza que “en 15 días, aprobaremos o anteproxecto para iniciar a licitación das obras canto antes e comezar coas actuacións de recuperación do edificio e adaptación dos seus interiores no vindeiro mes”



O Alde de Lugo, José López Orozco, visitou esta mañá o Hotel Miño que amosou o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ó Padroado da Uned, logo de que o Alcalde, que é membro do Padroado, propuxese trasladar a sede oficial da Universidade a Distancia as instalacións do organismo provincial. Na visita, ademais de Orozco e Besteiro, estiveron: Antón Bao, Vicepresidente da Deputación e Presidente do Padroado; Vicente Silva Meilán, Secretario da Cámara de Comerio; e Ana Traseira, Secretaria da Uned.

López Orozco destacou que “hoxe é un día importante para Lugo que lle agradezo ó Padroado da Uned por ver con bos ollos este espazo para traer a universidade, así como ó Presidente da Deputación por poñerse xa en contacto coa Uned, e axilizar a creación dun centro educativo con vocación de permanencia, no que será posible acoller a un maior número de alumnos e incrementar as titulacións. Este é un lugar privilexiado, preto da Campus, e con moi boas entradas ó que se pode acceder dende calquera punta da cidade”.


Gómez Besteiro salientou que con esta visita “iniciamos o proceso de estudo da gran idea do Alcalde. Lembrarán que este lugar xa nos pareceu idóneo para unha escola de hostalería na provincia. Por iso, ofrecémosllo á Xunta quen dixo que non porque, imaxinamos, que xa lle terá otra ubicación. Convidamos á súa venda que resultou infroctuosa, e non estamos para malvender o patrimonio provincial. Xurdiu esta idea que contribúe á permanencia da Uned, empregando o patrimonio público para unha finalidade pública. En 15 días, aprobaremos o anteproxecto para inciar a licitación das obras canto antes e comezar coas actuacións de recuperación do edificio e adaptación dos seus interiores no vindeiro mes. A partida orzamentaria xa está habilitada porque, lembrán que no Pleno, aprobamos unha proposta de adxudicación de remanentes no que 1.320.000 euros son para a mellora de bens de titularidade provincial. Logo de rematar ás obras, asinaremos o convenio de cesión do inmoble á Uned”.

Pola súa banda, Antón Bao subliñou que “era necesario adaptar as instalacións da Uned debido ó incremento de alumnos. Quero agradecer ademais á Cámara que durante este tempo nos prestase as súas dependencias. Situar a Uned neste espazo redundará na mellora da formación universitaria e no desenvolvemento socio-económico de Lugo”.

Situación actual e beneficios

O centro asociado de Lugo atópase actualmente no edificio Forcam da Cámara de Comercio, no campus universitario. A súa reubicación atende a varias cuestións:
1.- Económica. O aluguer do espazo actual representa un desenvolso anual de 105.000 euros que se aforrarían levandoo ó Hotel Miño.
2.- Espacial. Estas instalacións acollen a 1.500 alumnos, cifra en incremento constante que, segundo as previsións do Padroado, acadará os 2.000 en dous ou tres cursos.
3.- Obrigación de adaptar o centro ó novo marco universitario europeo.
4.- Permanencia da sede, é dicir, consolidar a existencia da Uned en Lugo.

Ante esta situación, o Alcalde lucense trasladou ó Padroado a posibilidade de levar a sede oficial da Uned ó Hotel Miño porque, ademais dos beneficios anteriores, recupera unha infraestrutura situada no contorno do Río Miño, farovecendo a posta en valor da zona xunto co Plan Director. Ademais, este espazo conta boas comunicacións viarias e aparcadoiro.

O Hotel Miño sitúase nunha superficie de 5.338 metros cadrados, dos que 4.297 están edificados por 3 bloques. No edificio número 3 situarase o Arquivo Provincial, a Axencia da Enerxía e os talleres da brigada de mantemento da Deputación. Debido as malas condicións da estrutura do bloque 2, o organismo provincial prevé demolelo. Isto significa, que o edificio número 1 na súa totalidade, uns 1.600 metros cadrados, quedarían en beneficio dos estudantes.

O Hotel Miño foi adquirido pola Deputación en 1984. En 2007, a anterior corporación provincial acordou a súa posta á venda, operación que non chegou a formalizarse debido ó incumprimento do comprador. Posteriormente, voltouse por á venda en 2 ocasións nas que nos se presentaron ofertas. Finalmente, ante a petición da Asociación Provincial da Hostelalería dun centro de formación en Lugo, a Deputación puxoo a disposición da Xunta sen obter resposta algunha.

A proposta do Rexedor, presentada na última reunión da fundación, foi ben acollida polos seus integrantes quenes acordaron estudar as instalacións que hoxe visitan, como primeira opción para ser a sede da Uned para o curso 2012-2013. En caso negativo, como segunda alternativa avaliase unha das alas do hospital provincial de San Xosé.