Cargando....
Concello de Lugo
18/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá dará comezo a 1ª Fase de Choque da Campaña de Desratización do ano 2011


# Martes, 05/04/2011
O tratamento intensivo de desratización levarase a cabo mañá mércores, xoves e o venres 8 de abril en todo o termo municipal de Lugo

O Concello de Lugo pon en marcha a 1ª Fase de Choque da Campaña de Desratización, correspondente ao ano 2011, que se levará a cabo mañá mércores, xoves e venres día 8 de abril.

A Fase de Choque consiste en realizar un tratamento de desratización intensivo que abarcará todo o termo municipal de Lugo, revisándose e repoñendo todos os cebos raticidas, tanto a nivel externo (zona de superficie) como a nivel interno (rede de alcantarillado), cubríndose especialmente dúas áreas, por constituír zonas de maior risco de proliferación dos roedores:

- Rede de saneamento ou alcantarillado; procederase a marcar as alcantarillas nas que se coloque o produto rodenticida, co fin de repoñer este produto e avaliar a eficacia do tratamento.

- Rexistros semafóricos e rexistros do alumeado público de todo o termo municipal de Lugo; se levará a cabo en coordinación cós responsables municipais, que comunicarán as incidencias e facilitarán o acceso a rexistros afectados.

- Solares, vertedoiros incontrolados, etc…

Así mesmo, incidirase especialmente nos denominados puntos críticos, por ser estas as zonas que presentan un maior grao de incidencias tanto no alcantarillado como na superficie, por confluír nelas factores propiciatorios para a anidación de roedores: zonas rurais de campo con presenza de maleza, solares sen construción, edificacións antigas, etc… Para conseguir unha maior eficacia no tratamento sería necesaria unha limpeza exhaustiva de solares, casas abandonadas e superficies onde prolifere a maleza e o lixo.

Nesta fase participarán dous equipos técnicos, con gran experiencia en tratamentos de desratización no termo municipal de Lugo, posuidores do carnet de aplicadores/manipuladores de biocidas básico e cualificado expedido pola Xunta de Galicia e supervisada, en todo momento, polo Responsable Técnico de Sanal Control Medioambiental.


En canto ao nivel de conflitividade no termo municipal, valorarase nos seguintes termos:

Grave: cando se observa unha inxesta de cebos superior o 75%
Moderado: a inxesta de cebos supera o 50%
Leve: se observa unha inxesta de máis do 25% dos cebos

Se queremos ter unha cidade limpa e sen problema de roedores ou de calquer outra plaga é necesaria a colaboración de toda a cidadanía, depositando o lixo nos contedores apropiados e non deixándoo nunca na rúa, solares, etc…




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova