Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta fin de semana disputaranse en Lugo as finais provinciais escolares de Dúatlon e Tenis de Mesa


# Mércores, 06/04/2011
* A competición de Dúatlon terá lugar o sábado día 9 de abril no paso do río Rato * O domingo será o turno do Tenis de Mesa no Polideportivo de A Piringalla

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, José Manuel Rozas, o Presidente da Federación Galega de Dúatlon, Paco Villanueva, e o responsable da organización, Miguel Fernández, deron a coñecer esta mañá os detalles da Final Provincial de Duátlon escolar e de Tenis de Mesa de Lugo 2011, que se disputarán ao longo desta fin de semana na cidade.

O Concelleiro de Deportes animou a toda a cidadanía a disfrutar desta proba, e sinalou que este tipo de competicións serven “para seguir potenciando os novos valores do dúatlon, un deporte xa asentado na cidade que vai medrando, e que ano a ano da moitas alegrías tanto nas categorías escolares como nas adultas”.

A Final Provincial de Dúatlon escolar de Lugo disputarase o sábado día 9 de abril no entorno do río Rato. A primeira saída será ás 16.00 horas para os benxamíns; ás 16.20 horas para alevín; ás 16.50 horas para a categoría infantil; e ás 17.30 horas terá lugar a saída para a categoría cadete; a hora de remate das probas será ás 18.20 horas. Este ano a proba inclúe como novidade a categoría de benxamín.

Segundo sinalou o Presidente da Federación Galega de Dúatlon, agárdase a participación de 120 rapaces e rapazas clasificados para disputar esta final provincial. Paco Villanueva sinalou que esta proba leva celebrándose dende hai once anos e “trátase dunha aposta polo traballo dende a base que da os seus froitos”.

As distancias a percorrer serán para a categoría benxamín: 0,5 quilómetros de carreira a pe, 2 quilómetros en bicicleta, 0,250 quilómetros de carreira a pe; na categoría alevín: 1 quilómetro a pe, 4 quilómetros en bicicleta, 0,5 quilómetros de carreira a pe; na categoría infantil: 1,5 quilómetros de carreira a pe, 6 quilómetros en bicicleta e 0,750 quilómetros de carreira a pe; e na categoría cadete: 2 quilómetros de carreira a pe; 8 quilómetros en bicicleta e 1 quilómetro de carreira a pe.

A saída, os boxes e a meta estarán situadas no paseo do Rato, á altura do restaurante Terras do Miño. A recollida de dorsais realizarase na carpa da organización o carón dos boxes dende 45 minutos antes do comezo de cada proba e ata 10 minutos antes da saída. Haberá medalla para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.

Tamén esta fin de semana, neste caso o domingo día 10 de abril, a cidade de Lugo acollerá a Final Provincial de Tenis de Mesa escolar. Será no Polideportivo de A Piringalla en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 19.00 horas. O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, destacou a inestimable colaboración do Clube Dez Portas e explicou que “hai uns anos iniciamos con eles un traballo de divulgación dun deporte, o Tenis de Mesa, que non tiña moito apoio, e que agora conta cunha instalación propia en Frigsa, e froito dese traballo é que agora tamén teñamos representación no campionato escolar”.



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova