Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O xadrecista Iván Salgado participará en varios dos programas de promoción do xadrez en Lugo


# Xoves, 07/04/2011
As actividades desenvolveranse ao longo da xornada de mañá, venres 8 de abril

Imaxe Asociada

A Concellería de Educación, a Concellería de Deportes, a Deputación Provincial de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum, Yute Confecciones e o xornal El Progreso organizan a visita do GM Iván Salgado a varios dos programas de promoción do xadrez que se levan a cabo en Lugo.

Mañá venres, día 8 de abril, ás 12.00 horas, participará no Xaque nas aulas que se está realizando no Colexio Público de Casás e fará entrega dos cuadernillos de iniciación aos escolares de 3º de Primaria.

Ás 12.15 horas, durante o recreo, e como pechadura do curso Xaque nas Aulas no CEIP Casás, levarase a cabo unha actividade de promoción aberta a todo o colexio, onde Iván Salgado xogará unha partida á cega, onde os mozos e mozas que o desexen poderán xogar partidas no xadrez xigante e xadrez convencional.

Pola tarde irá á Casa de Asociacións, que se atopa no Parque da Milagrosa, e realizará as seguintes actividades:

Ás 18.00 horas reunirase cos voluntarios da Asociación Cultural Xaquedrum, onde coñecerá de primeira man o seu traballo e as súas inquedanzas, e dará unha breve explicación de como facer un repertorio.

Dende as 20.00 ata as 21.30 horas, impartirá unha clase maxistral baixo o nome de “O dinamismo no xadrez”. Nesta clase poderán participar os alumnos da Escola de Xadrez, sendo o aforo máximo de 50 persoas.
Ás 22.30 horas, Iván Salgado irá ao Círculo das Artes a ver o Torneo de Rápidas que organiza a entidade unha vez ao mes e xogará partidas con algúns dos participantes.

A Escola de Xadrez é unha actividade do programa Xadrez para todarrobas que leva a cabo Concellería de Educación desde o ano 2003.

Máis información sobre Xaquedrum en:
http://www.facebook.com/pages/Xaquedrum/194937533874133

 

 Breve biografía do G.M. Iván Salgado

Ano 2001:

Campión de España por Internet Sub-10.

Subcampeón de España individual Sub-10.

Ano 2002:

Campión de España Sub-12.

Subcampeón Galego Absoluto (con 10  anos).

 • Ano 2003:

Subcampeón de España por Internet sub-12.

 • Ano 2004:

Campión de España por Internet sub 12.

Campión de España sub14.

 • Ano 2005:

Campión de España coa Selección Galega Sub 16

Primeira norma de Mestre Internacional (marzo 2005).

Campión Galego por Equipos co Club Marcote.

Subcampeón de España sub 14.

4º do Mundo sub 14.

 • Ano 2006:

Campión de España por Internet sub 16.

Primeira norma de Gran Mestre (marzo 2006). Récord histórico en España.

Campión Galego por Equipos co Club Marcote de primeiro taboleiro.

Subcampeón de España coa Selección Galega Absoluta xogando de primeiro taboleiro.

 • Ano 2007:

Título de Mestre Internacional. Segundo título máis novo da historia de España, só logo de Paco Vallejo (xaneiro 2007).

Subcampeón de España coa Selección Galega Absoluta.

Campión de España sub 16.

Norma de Gran Mestre en aberto de Sants.

Primeiro clasificado no Aberto de Pamplona (ademais, consegue a última norma de GM). Deste xeito, convértese no Gran Mestre máis novo na historia de España.

 • Ano 2008:

Campión do XXXI Open Internacional de San Sebastián.

Campión de España Sub-18.

  • Ano 2009:

Subcampeón de España co Club Xadrez Marcote.

Primeiro clasificado no III Festival Internacional Ruy López  celebrado en Zafra (Badajoz) os días 20 e21 de Xuño 2009.

Clasificado na 6º posición no Europeo coa Selección Española  Absoluta (primeira participación).

Subcampeón do Mundo Sub-18.

 • Ano 2010:

9º clasificado no Campionato de Europa Individual (isto implica estar clasificado para a próxima Copa do Mundo).

Campión do Open de Vecindario (Gran Canaria).

Campión de España de División de Honor co equipo Kasparov-Marcote.

2º Clasificado no torneo pechado "Casino de Barcelona".

Galardoado co premio "Mellor deportista revelación" da editorial Chessy.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova